Reclamamos ao concello que acceda ás subvencións da Deputación da Coruña para financiar inicialmente o posto de técnico deportivo.

07f68646-4308-427e-8249-839f06467e53
Reclamamos ao concello que acceda ás subvencións da Deputación da Coruña para financiar inicialmente o posto de técnico deportivo.

O pasado mes de setembro conseguimos en pleno que se aprobase a inclusión no cadro de persoal de técnico/a deportivo/a en Narón. Ademais, na mesma moción reclamábase que de maneira temporal (e mentres non se modificase a RPT municipal) se optase ás axudas da Deputación. Onte, luns, foron publicadas no BOP da provincia axudas para diferentes gastos de persoal, entre elas as de técnico deportivo; reclamamos que fagan cumprir os acordos plenarios. Se por fin accederon a que a figura de técnico deportivo é necesaria no noso concello que se poñan xa a traballar para que sexa unha realidade. O deporte de Narón precisa unha mirada transversal con persoal coa formación específica para avanzar no deporte e coas subvencións da Deputación poden telo de maneira case inmediata” declara Ledo, a nosa portavoz municipal.

Ademais, desde o BNG de Narón poñemos o foco a que o goberno de Terra Galega perde axudas que lle axudarían a que as arcas municipais estivesen mellor hoxe poderíamos solicitar tamén para o museo de Xuvia no seo da Deputación pero preferiron que fose xestionado de maneira privada a través dunha licitación. Estas axudas para museos e centros etnográficos xa lles dixemos que as solicitasen o ano pasado pero preferiron ter o Muíño de Xuvia pechado” incide Olaia Ledo.

Reclamamos ao concello que acceda ás subvencións da Deputación da Coruña para financiar inicialmente o posto de técnico deportivo.