Pedimos solucións ante a demora dos pagos das subvencións

Reclamamos en pleno unha proposta negociada que permita o adianto de pago de subvencións para as asociacións e entidades que o precisen.
Desde o grupo municipal do BNG de Narón levamos a pleno a necesidade de que o concello negocie coas entidades e asociacións unha proposta para que garanta o pago das axudas con entidades e asociacións sen depender dos orzamentos “dos que aínda nada sabemos”.
Ademais, desde o BNG reclamamos unha proposta negociada que permita adiantar estes pagos como xa se fai noutros concellos poñendo o exemplo de Fene. Insistimos desde o grupo nacionalista que a demora nos orzamentos municipais non pode ser un problema para o cumprimento do concello coas entidades e asociacións deportivas e sociais que traballan e operan en Narón.
“ O asociacionismo deportivo é un piar básico en Narón e, as entidades de ámbito social traballan día a día cubrindo necesidades que debesen facer mesmo as administracións públicas. Por iso pedimos que a axenda de Ferreiro teña entre as súas prioridades a sinatura destes convenios e que non haxa demoras como lamentablemente xa ocorreu no 2024” declara Ledo, a nosa portavoz municipal.