O BNG reclama que o servizo público de madrugadores sexa xestionado pola administración pública nunha reunión coas ANPAS de Narón

1c424b4c-0777-477f-abcf-279bb31a2962

Reunímonos coas ANPAS de diferentes CEIPS e o CPI O Feal por mor da situación que viven na xestión dos almorzos. Na reunión, ademais da portavoz municipal Olaia Ledo e a responsábel local Marta Grandal, estiveron os deputados Mon Fernández e Xosé Manuel Golpe comprometéndose a levar o tema ao parlamento galego. No BNG consideramos necesario que o concello inicie os traballos e dote o orzamento necesario para asumir o servizo mentres a Xunta non o faga.

O BNG reclama que o servizo público de madrugadores sexa xestionado pola administración pública nunha reunión coas ANPAS de Narón

O servizo de madrugadores é un servizo de conciliación público e as administracións teñen que garantilo, máximo se falamos do concello con media de idade máis nova da comarca. As ANPAS teñen outras funcións e hoxe asumen o servizo e un traballo que debera facer que ten competencia e preparación” afirma Olaia Ledo, portavoz municipal do BNG de Narón. “Un dos problemas de facer o servizo as ANPAS é que na xestión non poden diferenciar prezos para familias vulnerábeis ou atender necesidades especiais e dase o caso que na veciña Ferrol quen ten comedor social tamén ten o almorzo pero en Narón estas familias só teñen o servizo de xantar que xestiona directamente a Xunta porque as ANPAS teñen prohibido por lei facer distincións. Non teñen todos os nenos e nenas o mesmo dereito vivan onde vivan? Isto non ocorrería cun convenio do concello e a Xunta por poñer un exemplo” incide Ledo.

Desde o BNG comprometémonos coas ANPAS a seguir insistindo para que se cumpra a moción aprobada en pleno a finais do ano pasado e onde os acordos foron os propostos polo BNGprimeiro pedimos que a Xunta se faga cargo pero, de non facelo que o faga o administración máis próxima, é dicir o concello, cun servizo xestionado que colla modelo de outros concellos galegos”. Desde o BNG preocúpanos que cada vez hai menos marxe de tempo para actuar para o vindeiro curso e por iso tamén pedimos que os orzamentos contemplen unha partida para este fin.

Ademais, os deputados Mon Fernández e X.M. Golpe comprometéronse a levar ao tema ao Parlamento Galego e reclamar que a Xunta cumpra con Narón e as súas familias.

O BNG reclama que o servizo público de madrugadores sexa xestionado pola administración pública nunha reunión coas ANPAS de Narón