ANA PONTÓN ESTIVO EN NARÓN PARA FALAR COAS ANPAS DA CIDADE E PRESENTAR AS NOSAS PROPOSTAS DE ENSINO E CONCILIACIÓN

Ana Pontón na campaña en Narón

Comprometémonos coas ANPAs de Narón a que a Xunta xestione o servizo de madrugadores e xantares para garantir o acceso ao servizos a todos os centro e que, de maneira paulatina, aténdase a xestión pública directa desde a administración galega.

Ana Pontón na campaña en Narón

O domingo 11 de febreiro ás 10:30h a candidata á Xunta de Galiza, Ana Pontón Mondelo fixo unha parada no Pazo da Cultura de Narón para un encontro sectorial coas anpas de todos os ceips, o CRA de Narón e o CPI “O Feal”. Nun debate de ideas, Ana Pontón, presentou o programa do BNG en materia de ensino e fixo unha parada especial nas necesidades de garantir a igualdade de oportunidades, a equidade e a atención á diversidade en todos os niveis educativos; mudar o modelo de transporte mixto que iniciou a Xunta do Partido Popular; rebaixar a ratio do alumnado; procurar un sistema educativo que conciba a educación como servizo público dos 0 aos 18 anos e, ademais, fixo especial mención ás necesidades de conciliación para as familias. Para isto, o BNG presentou unha das súas medidas recollidas no programa electoral sobre un “servizo público de coidados de menores a domicilio até os 12 anos para cubrir necesidades de conciliación de natureza extraordinaria cando un neno ou nena non poida ir á escola por motivos diversos

A candidata á presidencia da Xunta, Ana Pontón agradeceu o traballo ás anpas “facedes un traballo esencial no ensino para a súa democratización e para que os nenos e nenas teñan o que merecen, ademais usades o voso tempo libre para o colectivo e iso é moi importante salientalo”.

Ana Pontón coas ANPAS
Ana Pontón coas ANPAS

O BNG, para facilitar que todas as anpas acudisen habilitou un espazo infantil nas instalacións do Pazo da Cultura.

Ana Pontón na campaña en Narón