O DEPUTADO MON FERNÁNDEZ E O GRUPO MUNICIPAL DO BNG DE NARÓN REÚNENSE COA PRESIDENTA E REPRESENTANTES DO COMITÉ DE EMPRESA DO SAF DE NARÓN.

Reunión coa presidenta e parte do comité de empresa do SAF de Narón

O BNG de Narón solicitou a reunión para escoitar a situación de saturación do servizo que as traballadoras do SAF de Narón levan denunciando tempo. Ademais, no pleno do mércores o BNG leva ao Parlamento Galego unha interpelación a respecto do Servizo de Axuda no Fogar para que a Xunta invista o necesario.

Reunión coa presidenta e parte do comité de empresa do SAF de Narón

O BNG de Narón presentou en 2022 unha moción de apoio ás traballadoras do SAF, no 2023 pediu unha comisión extraordinaria do Servizo pola mala situación; no 2024, despois xa dun cambio de concesionaria, solicitou en pleno que se reincorporase a unha traballadora despedida e que o xulgado considerou improcedente e, xa no 2025, segue con preocupación a situación que denuncian tanto usuarias como persoas traballadoras. 

Por isto, onte o deputado parlamentar Mon Fernández, xunto coa voceira Olaia Ledo e representantes do consello local Marta Grandal e Bea Mosquera reuníronse coa presidenta do Comité de empresa, Mar Bustabad e a maioría do comité de empresa “queremos un servizo público de calidade. Hoxe o servizo de axuda no fogar en Narón deixa moita xente fora e ás traballadoras cubrindo moitas horas que non aparecen nos seus contratos. O concello ten que velar porque as traballadoras que fan un servizo fundamental estean en condición dignas, aportando benestar tanto para as traballadoras coma persoas usuarias do servizo” declara Olaia Ledo, portavoz municipal. “O modelo de financiamento e xestión do SAF en Galiza está a piques de estoupar porque a Xunta segue sen incrementar o orzamento para o SAF que é tan necesario para manter un servizo de calidade. Unha cuestión transcendental non só para os concellos se non tamén para cubrir as necesidades dun servizo esencial e necesario, onde o número de usuarios e usuarias vai en aumento. Ademais, a situación concreta de Narón é grave por como se está a levar un servizo público cara a privatización e empeorando cada vez máis as condicións. No BNG loitaremos porque isto mude” indica Mon Fernández, deputado do BNG. 

 

 

 

Reunión coa presidenta e parte do comité de empresa do SAF de Narón