O BNG de Narón solicita unha comisión extraordinaria para tratar os problemas do SAF (Servizo Axuda no Fogar)

O Servizo de Axuda no Fogar é un servizo imprescindíbel, e como tal, non debe dar lugar a un número tan elevado de queixas polo seu mal funcionamento como está pasando agora en Narón.
O BNG de Narón solicita unha comisión extraordinaria para tratar os problemas do SAF (Servizo Axuda no Fogar)

Dada a delicada situación do SAF en Narón, servizo xestionado pola empresa OHL INGESAN, vimos de solicitar unha comisión extraordinaria para poder coñecer e aportar solucións entre todos os grupos políticos para o benestar de todas as veciñas e veciños de Narón.

Os requisitos que debe cumplir o SAF todas e todos os coñecemos, pero non deben de estar cumpríndose cando as demandas e reclamacións que se rexistraron no concello nos últimos meses nun servizo imprescindíbel como é a asistencia a domicilio son moitas, son reiteradas as queixas das persoas usuarias e as súas familias, a lista de espera acumúlase e pode chegar a ser de dous anos nalgún caso, os problemas de conciliación e a precariedade laboral do persoal da empresa son queixas que se escoitan a diario, polo que é necesario tomarmos unha reflexión en conxunto entre todos os grupos representados e o persoal de servizos sociais para mellorar un servizo fundamental no que os recursos teñen que ser ben xestionados.

Mon Fernández, deputado do BNG pola comarca no Parlamento Galego, fará "as preguntas pertinentes no mesmo xa que desde o BNG levamos tempo traballando contra esta situación de precariedade laboral do persoal do SAF en Galiza  e xa a temos presentado no Parlamento Europeo". Agora en Narón é necesaria unha reflexión pola situación creada a nivel local e que afecta a moitas persoas usuarias.

 

 

O BNG de Narón solicita unha comisión extraordinaria para tratar os problemas do SAF (Servizo Axuda no Fogar)