Aprobada en pleno unha moción do BNG en apoio as traballadoras do SAF
As traballadoras do SAF (Servizo de Axuda no Fogar) levan máis de 10 anos reclamando un Convenio Digno que ate o de agora non foi negociado, aínda que as empresas foron cumprindo a cláusula da revisión salarial deste Conveno Colectivo, polo que as traballadoras foron incrementando os seus salarios con esa referencia, non o seu poder adquisitivo. Neste ano 2022 as empresas néganse a pagar o 6.5 % do IPC- real, polo que agora xa non só incumplen o convenio colectivo de ámbito galego se nón tamén os pregos de condicións do mesmo.
Isto leva a un malestar xeral entre as traballadoras e un alto porcentaxe de absentismo que non axuda a unha boa realización do servizo. As administración teñen que velar polas condicións laborais destas traballadoras nun traballo moi feminizado e cada vez máis precarizado. A Xunta, e non só os concellos, como responsábel deste servizo, ten que implicarse e garantir que se cumplan as condicións laborais e salarias destas traballadoras.
No pleno deste mes de xuño presentamos unha moción apoiando as demandas destas traballadoras, que se estaban a concentrar diante do concello á mesma hora do pleno, conseguindo o apoio de todos os grupos municipais.