O BNG pide que se revisen as reclamacións das RPT dos bombeiros
Os bombeiros de Narón reclaman que se revisen os puntos que lles corresponden pola relación dos postos de traballo e a valoración dos mesmos, xa que moitas das condicións que se lles esixen para poder acceder a este posto non as teñen recoñecidas.
RENOVACIÓN DO CONSELLO LOCAL ONDE MARTA GRANDAL CONTINÚA COMO RESPONSÁBEL
A pasada fin de semana realizamos unha asemblea local para renovar os cargos do consello no local social de Doso. Alí, aprobouse por unanimidade a renovación do consello local e marcámonos como obxectivos seguir a medrar a organización e a tendencia a alza nas eleccións mellorando os resultados para as vindeiras municipais.
O BNG de Narón e Ferrol esixen que Augas de Galiza xestione a depuradora
Olaia Ledo e Iván Rivas, portavoces municipais do BNG de Narón e Ferrol, compareceron esta mañá en rolda de prensa para esixir que Augas de Galicia asuma a xestión da Estación Depuradora, por ser esta unha infraestrutura que é de titularidade autonómica.
Reunión con representantes do Comité de empresa de MEGASA
Ante a inacción da Xunta despois da comunicación dos cambios produtivos por parte de MEGASA mantivemos un encontro cos representantes dos traballadores.
Rexistramos propostas concretas para os orzamentos 2022 de Narón
O BNG de Narón solicita unha comisión extraordinaria para tratar os problemas do SAF (Servizo Axuda no Fogar)
"NON" é a resposta da Xunta á petición do BNG dunha residencia pública de maiores
O BNG de Narón solicita información sobre a repotenciación do parque eólico "Novo"
O BNG de Narón foi o primeiro en informar ás parroquias afectadas polo boom eólico que se está a dar e como afecta ao noso concello. A repotenciación do parque "Novo" que afecta en Sedes era sabido e, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Empresa e Innovación publicará en breve o acordo que se someterá a información pública. A Xunta xa informou aos concellos afectados polo que agora o BNG de Narón solicita esa información e un informe técnico municipal ao respecto.
O antigo centro de saúde, unha oportunidade para Narón
O BNG reclama máis persoal e psicoloxía clínica no novo centro de saúde de Narón
O BNG de Narón rexistra a petición de convertir o centro de saúde vello nun espazo cultural de usos múltiples
O BNG DE NARÓN RECOLLE SINATURAS CONTRA A SUBA DA FACTURA DA LUZ
O BNG de Narón está a recoller sinaturas nas prazas e rúas da cidade contra a suba da factura da luz: hoxe no parque de Freixeiro e ao longo destas dúas semanas percorrerán diferentes barrios e parroquias de Narón.
Aprobadas as dúas mocións que o BNG levou ao pleno de xuño en Narón
O BNG de Narón presentou dúas mocións no pleno do 23 de xuño na que se reclamaba que o concello actuase ante os organismos competentes para a instalación da fibra óptica en todo o concello e outra na que se reclama o abaratamento da factura da luz. Ambas saíron aprobadas.
Resposta ao anuncio de licitación do PMUS e á falta de autocrítica do goberno municipal
10 IDEAS DE MOBILIDADE PARA NARÓN
O BNG ponse a disposición de traballar e sumar de cara a mobilidade en Narón e pon sobre a mesa 10 ideas forza para debatir e poñer sobre a mesa o recoñecido "modelo BNG". PUBLICANO AGORA BAIXO TRES PREMISAS.
Moción municipal sobre os eólicos en Narón
O BNG de Narón presenta unha moción xunto a Manuel Rico González , presidente da AVV “Rosa dos Ventos” de Sedes inserida dentro dunha campaña en todo o país no que o bloque defende que Galiza decida sobre a enerxía que produce. A parroquia de Sedes comparte o “parque eólico de novo” con Valdoviño e vai ser repotenciado.
O BNG presenta en Narón coa asociación veciñal de Sedes “Rosa dos Ventos” unha moción municipal que defende un modelo de enerxía eólica sustentable, xusta e galega fronte ao que consideran un espolio da Xunta.
O BNG de Narón presenta unha moción xunto a Manuel Rico González , presidente da AVV “Rosa dos Ventos” de Sedes inserida dentro dunha campaña en todo o país no que o bloque defende que Galiza decida sobre a enerxía que produce. A parroquia de Sedes comparte o “parque eólico de novo” con Valdoviño e vai ser repotenciado.