Pedimos á corporación do Pleno de Narón un servizo de bombeiros de calidade

Neste mes de xaneiro levamos unha moción a pleno solicitándolle ao goberno municipal o aumento de prazas de bombeiros para garantir un servizo de calidade deste corpo de seguridade en Narón.
Pedimos á corporación do Pleno de Narón un servizo de bombeiros de calidade

Desde que se creou en Narón o corpo de bombeiros, vai 8 anos, aumentou considerablemente a poboación do concello mais non aumentaron os efectivos deste corpo. Hoxe, están presentes nas gardas 2 bombeiros e un xefe de dotación que os obriga a afrontar os incendios sen cumprir as condicións mínimas que marca a Lei de Prevención de Riscos Laborais 31/1995. Isto leva a que non poidan realizar o seu traballo de forma  segura e tamén garantir a seguridade da veciñanza en todas as intervencións.

Narón somos a oitava cidade de Galiza, contamos con tres polígonos industriais, sendo un deles o terceiro máis grande do país e polo que pasa unha rede de mercadorías perigosas. Salientamos isto porque os polígonos industriais presentan un alto nivel de riscos asociados que non poden atender só 3 persoas coa formación axeitada en incendios que se producen. Tamén, somos os primeiros intervintes no Porto Exterior de Ferrol e no Parque Eólicos sito no Monte dos Nenos en Sedes, no noso Concello. "O peor exemplo do que pode acontecer foi o último incendio do polígono das Lagoas, indica Olaia Ledo, a nosa portavoz municipal, non é de recibo que teñamos que botar man da profesionalidade da xente que forma este corpo e que acude á chamada aínda estando na súa casa de días libres, de asuntos propios ou vacacións".

Esta lexislatura veu marcada polo desentendemento do goberno e as persoas que traballan neste servizo público fundamental e no que levan loitando para mudar as cousas para sobre todo a raíz de que o propio corpo de bombeiros impugnara os orzamentos do 2022 . Este feito levou a que se fixesen preguntas por rexistro e no propio pleno municipal, reunións co corpo de bombeiros e o goberno de Narón e un pleno extraordinario onde a oposición no seu conxunto apoiaba ás reivindicacións destas persoas traballadoras. Hoxe, recollen sinaturas porque esixen o que é unha realidade: a necesidade dun mínimo de 5 bombeiros por quenda. Isto significa contar con persoas coa formación necesaria e cualificadas para realizar as labores de extinción dos incendios. 

Pedimos á corporación do Pleno de Narón un servizo de bombeiros de calidade