O BNG de Narón presentou este venres á candidata á alcaldía, Olaia Ledo, e o primeiro tramo da candidatura

O venres 27, ás 20 h, tivo lugar un acto público no Hotel Valcarce para a presentación da candidata á alcaldía polo BNG de Narón, Olaia Ledo
O BNG de Narón presentou este venres á candidata á alcaldía, Olaia Ledo, e o primeiro tramo da candidatura

O venres 27 de xaneiro, ás 20 horas, celebramos un acto público no Hotel Valcarce de Narón, situado no Polígono do Río do Pozo, para presentar a nosa candidata á alcaldía nas eleccións municipais do mes de maio do 2023, Olaia Ledo.

O acto estivo presentado por Geno Carballeira, concelleiro de Narón e número 2 da candidatura ás vindeiras eleccións, e contou coa presenza de Ana Pontón, a nosa portavoz Nacional. Rematou o acto coa intervención de Olaia Ledo dándonos a coñecer as nosas alternativas para gobernar a nosa cidade e conseguir un Narón para as veciñas e veciños, un Narón accesíbel e con bos servizos.

Olaia Ledo, portavoz municipal e candidata á alcaldía, presentou tamén o noso primeiro tramo da candidatura neste acto pola xente que forma o primeiro tramo da candidatura, Geno Carballeira, Bea Mosquera, Manuel Teijeiro, Carlos González, Dolores Luna e Nicolás Manso.

acto no hotel valcarce. O local quedou pequeno para acoller á xente que se achegou
Acto no hotel Valcarce. O local quedou pequeno para acoller á xente que se achegou

 

 

O BNG de Narón presentou este venres á candidata á alcaldía, Olaia Ledo, e o primeiro tramo da candidatura