O BNG de Narón reclama melloras no Camiño da Revolta
No Camiño da Revolta estase a realizar unha mellora de beirarrúas desde a Estrada de Castela até o acceso á estrada que leva á escola infantil de Xuvia. Unha parte de mellora moi pequena se se ten en conta a extensión do lugar.
Ás propietarias e propietarios das beiras da estrada deste camiño fixéronselles as expropiacións pertinentes a finais dos anos 90 para as beirarrúas, ademáis da obriga de cada unha delas de ceder o espazo legal das súas fincas. Desde aquela non se executaron as obras ata o de agora e “non entendemos que non se continúe con esta mellora ao longo da rúa nunha zona que hoxe soporta un tráfico de coches elevado e onde a veciñanza xa ten deixado ou lle foi expropiada a parte na que se debera ter as beirarrúas”, comenta Olaia Ledo, portavoz municipal do BNG de Narón.