Pedimos á corporación do Pleno de Narón un servizo de bombeiros de calidade
O BNG de Narón presenta este venres á candidata á alcaldía, Olaia Ledo, e o primeiro tramo da candidatura
O BNG de Narón aproba en asemblea o primeiro tramo da súa candidatura para as municipais 2023 por unanimidade
O BNG de Narón realizou unha asemblea local este xoves 19 de Novembro ás oito do serán do que saíu aprobada o primeiro tramo da candidatura co que concorrerán ás eleccións municipais de maio. Estamos preparadas e preparados para gobernar e por iso damos un paso ao fronte.
O BNG de Narón solicita unha alternativa para os coches mentres duren as obras do novo aparcadoiro do centro de saúde
No pleno municipal de setembro, desde o pediu a través dun rogo á alcaldesa unha alternativa cando se iniciasen as obras do novo aparcadoiro para a xente que tivese que aparcar ao chegar ao novo centro de saúde poida seguir a facelo. A nosa proposta é acordar coa urbanización “as torres” para que durante o día se poida aparcar alí se tes que acudir ao PAC de Narón.
Reclamamos a retirada inmediata do cartel “área de lecer Conde de Fenosa” para cumprir a lei de memoria democrática
O título de Conde de Fenosa creado polo dicatador Franco foi retirado no seu artigo 41 pola lei de memoria democrática o 21 de outubro de 2022. Descoñecemos o procedemnto do concello para o nomeamento mais si que Narón debera recuperar topónimos e microtopónimos orixinais dos lugares; non nomear a represores no seu rueiro.
Pedimos a retirada do borrador de igualdade por NON ser un PLAN DEFINITIVO
Consideramos que o que presenta o goberno como III Plan de Igualdade chega moi tarde nesta lexislatura e condiciona a vindeira. Ademais, reclamamos máis transparencia no proceso do que descoñecemos as conclusións. Consideramos o Plan presentado como un punto de inicio para elaborar unha estratexia válida e concluínte pero no que falta información que pedimos por rexistro e non nos foi facilitada nin tan sequera para o pleno. Este plan é propaganda como o é que estea na cartelería do concello desde hai máis dun ano sen existir tal plan