É urxente a redación dun proxecto integral para as instalacións de Río Seco
Reunímonos coa deputada provincial do bloque, Cristina García, para tratar temas da localidade.
Olaia Ledo, a nosa portavoz municipal e membro da Executiva nacional da organización e Cristina García, deputada provincial pola comarca de Ferrol, mantiveron unha reunión de traballo en Narón para analizar os orzamentos da deputación e tratar temas que atinxen á localidade naronesa.
Solicitamos actuacións urxentes na Rúa Areosa
Vimos de reclamar ao goberno municipal actuacións urxentes na Rúa Areosa, no barrio de Freixeiro, e na confluencia da mesma coa Rúa Miguel de Cervantes.
Reclamamos a apertura do Muíño de Xuvia e que se contrate unha persoa por xestión directa
Instamos a Vías e Obras da Deputación a que invirta en diferentes Estradas e Camiños
Rexistramos as nosas propostas de cara aos orzamentos do 2024
O BNG de Narón reclama melloras no Camiño da Revolta
O BNG de Narón esixe que se recupere o servizo de transporte á escola de Sedes retirado polo concello de Narón a tres días do inicio do curso.
O venres 8 de setembro, a tres días do inicio do curso escolar, as familias usuarias do CRA de Narón en Sedes, foron informadas desde o concello que este curso non cubriría o servizo de taxis como transporte á escola. A escola de Sedes, con máis de cen anos de historia ve perigar un servizo fundamental para que a matrícula e a escola sega aberta.
Aprobada por unanimidade a NOSA moción para retransmitir os plenos por "streaming"
Presentación do noso proxecto para as naves da Feira do Trece
Desde o BNG de Narón propoñemos destinar as naves da Feira do Trece en Sedes a un proxecto que valga para congresos, encontros e exposicións. As tres primeiras persoas da nosa candidatura para as municipais presentaron o proxecto este mediodía.
Reprobación á SAREB polo trato abusivo e coactivo de cara xs veciñxs das vivendas da Praza do Asilo de Piñeiros
O BNG de Narón presentou este venres á candidata á alcaldía, Olaia Ledo, e o primeiro tramo da candidatura
Pedimos a retirada do borrador de igualdade por NON ser un PLAN DEFINITIVO
Consideramos que o que presenta o goberno como III Plan de Igualdade chega moi tarde nesta lexislatura e condiciona a vindeira. Ademais, reclamamos máis transparencia no proceso do que descoñecemos as conclusións. Consideramos o Plan presentado como un punto de inicio para elaborar unha estratexia válida e concluínte pero no que falta información que pedimos por rexistro e non nos foi facilitada nin tan sequera para o pleno. Este plan é propaganda como o é que estea na cartelería do concello desde hai máis dun ano sen existir tal plan
O BNG denuncia que se está a prorrogar á empresa serviplus sendo moi costosa por non presentar os prometidos plegos de nova licitación.
O BNG de Narón leva a pleno unha moción para solicitar a adquisión por parte do Concello do antigo Colexio de Chamorro
Presentamos propostas concretas para ser incluídas nos orzamentos do 2023
No BNG reclamamos diferentes actuacións en materia de accesibilidade, servizos sociais, infraestructuras, medio ambiente, bonificación de diferentes taxas para entidades ou destinar o 1% dos orzamentos á materia de igualdade coa creación dun Centro de Información á muller. Propostas concretas que desde o BNG consideramos imprecindíbeis para os orzamentos do 2023.