Reunímonos coa deputada provincial do bloque, Cristina García, para tratar temas da localidade.

c484a52b-d2cf-4480-b6b1-3c40c065adf5

Olaia Ledo, a nosa portavoz municipal e membro da Executiva nacional da organización e Cristina García, deputada provincial pola comarca de Ferrol, mantiveron unha reunión de traballo en Narón para analizar os orzamentos da deputación e tratar temas que atinxen á localidade naronesa.

Reunímonos coa deputada provincial do bloque, Cristina García, para tratar temas da localidade.

Este martes 14 de novembro presentamos un decálogo de necesidades para Narón e traballar para futuros encontros con entidades e asociacións da localidade coa deputada provincial Cristina García.

García é a responsábel na administración provincial de Plans Provinciais e Asistencia a Municipios (POS). O encontro tivo lugar no local do BNG en Narón e nel, ademais da nosa portavoz Olaia Ledo, estivo a responsábel local Marta Grandal e, o membro do consello local, Manuel Teijeiro. “Nos últimos anos os investimentos principais de Narón realizáronse a través do POS , área que ostenta o BNG no goberno da Deputación desde hai oito anos. Unha boa relación entre administracións é importante e agradecemos a disposición de Cris para levar ao ente provincial as necesidades da octava poboación deste país”, declara Olaia Ledo. Co BNG na Deputación, “Narón ten e terá un aliado para avanzar”.

Reunímonos coa deputada provincial do bloque, Cristina García, para tratar temas da localidade.