Solicitamos o arranxo das deficiencias do "bowl" da zona do Ponto

IMG-20231124-WA0012
Rexistramos unha moción, para o seu debate no pleno de novembro, solicitando o arranxo das deficiencias do "bowl skate", construido recentemente na zona do Ponto.
Solicitamos o arranxo das deficiencias do "bowl" da zona do Ponto

No barrio do Ponto construíuse recentemente un "bowl skate", un tipo de "skate park" cunha superficie que imita a unha piscina, nun entorno de ocio que inclúe unha zona de "parkour". "Desde o BNG votamos, xa hai máis de catro anos, a favor de que fose unha realidade este proxeto para a práctica de deporte urbano por parte de xente nova e non tan nova, pero, anos despois, o que nos atopamos no noso concello ao remate das obras é que se realizaron con retraso, é o máis grave, cun resultado deficiente", declara Olaia Ledo, a nosa portavoz municipal.

A realidade deste "bowl" é que o cemento, sendo este o elemento máis usado para a construción dos mesmos pola súa durabilidade no tempo, xa ten grietas deixando paso á auga que se filtra desde o terreo; a parte fonda do "bowl", aínda en tempo seco e sen choivas, deixa pozas de auga que impiden a seguridade na práctica deportiva. Despois dunha elevada inversión por parte da administración atopámonos que hai moitas eivas nestas instalacións.

Por iso, presentamos unha moción ao pleno de novembro na que solicitamos ao goberno municipal que lle reclamen á empresa construtora deste espazo a reparación das eivas existentes, e de non ser quen de poder xestionalo que procedan a darlle unha solución definitiva a todas elas; tamén que se mude o alumeado público por alumeado deportivo a todas elas; tamén que se mude o alumeado público por alumeado deportivo que non deixe zonas de sombra no "bowl" e permita unha práctica deportiva máis segura. En definitiva "que se faga ben coma noutros concellos que, con orzamentos similares, teñen "skate parks" profesionais", declara Olaia Ledo.

Solicitamos o arranxo das deficiencias do "bowl" da zona do Ponto