Instamos a Vías e Obras da Deputación a que invirta en diferentes Estradas e Camiños

IMG-5556
Alegamos a situación de perigosidade da estrada de San Xiao, a do 13 e a estrada do Feal (este último cun proxecto técnico na área de vías e obras da Deputación da Coruña) para que Valentín Formoso, presidente da Deputación cumpra e traballe polas necesidades da octava cidade deste país.
Instamos a Vías e Obras da Deputación a que invirta en diferentes Estradas e Camiños

A situación de perigosidade que presentan as estradas de San Xiao, a do Trece e a Estrada do Feal é algo que desde o BNG levamos denunciando anos. Son estradas moi transitadas por vehículos que cruzan desde barrios como Xuvia ou O Ponto de cara á Estrada de Cedeira e aos polígonos e que non teñen beirarrúas polas que poidan transitar viandantes con total seguridade.

Pedimos que Valentín non veña de paseo e a sacarse unha foto mentres non se comprometa definitivamente con Narón” declara Marta Grandal, a nosa responsábel local. “En Narón temos un problema de mobilidade no seu conxunto que se non atopamos compromisos das administracións dificilmente son solucionables. A Asemblea local de Narón ten reclamado durante moito tempo con campañas; recollidas de sinaturas, reclamacións nas diferentes institucións para que isto se solucione. A cidadanía de Narón non pode esperar máis” afirma Grandal.

Instamos a Vías e Obras da Deputación a que invirta en diferentes Estradas e Camiños