É urxente a redación dun proxecto integral para as instalacións de Río Seco

Estadio_municipal_de_Rio_Seco
Rexistramos unha moción, para o seu debate en pleno no mes de novembro, solicitando un proxecto integral para as instalacións do estadio de Río Seco, onde practican deporte distintos clubes da localidade.
É urxente a redación dun proxecto integral para as instalacións de Río Seco

O Estado Municipal de Río Seco é un conxunto de instalacións onde practican deporte máis de 700 deportistas de catro clubes distintos da nosa localidade, SDCR O Freixo, CF Estrella, Clube de Atletismo de Narón e Náutico de Narón. Alberga campos de fútbol de céspede natural e artificial, pistas de atletismo, pista de lanzamentos... pero con tan só catro vestiarios, dos cales dous son moi pequenos, nunhas instalacións nas que se poden chegar a xogar máis de 3 e de 4 partidos de fútbol ao mesmo tempo que se practican outros deportes; gradas e aparcadoiros insuficientes para a cantidade de deportistas que se poden concentrar nas instalacións nalgúns adestramentos ou competicións.

Desde o BNG solicitamos por parte do goberno municipal a homologación das pistas de atletismo coa maior celeridade posíbel, a construción de máis vestiarios e adecuación dos existentes, a construción dunha grada para a herba seca e a elaboración dun proxecto ténico que integre o conxunto. "Non enetndemos unhas instalacións coma Río Seco cun novo campo de herba artificial sin gradas, con catro vestiarios para tantos deportistas, sen homologación das pistas de atletismo... por iso pensamos qu eé preciso facer un proxecto integral para estas instalacións, onde practican deporte moitas e moitos deportistas que representan a Narón nos seus respectivos deportes de base e tamén de élite", comenta a nosa portavoz, Olaia Ledo.

É urxente a redación dun proxecto integral para as instalacións de Río Seco