O BNG de Narón esixe que se recupere o servizo de transporte á escola de Sedes retirado polo concello de Narón a tres días do inicio do curso.

Olaia Ledo, nun acto público

O venres 8 de setembro,  a tres días do inicio do curso escolar, as familias usuarias do CRA de Narón en Sedes, foron informadas desde o concello que este curso non cubriría o servizo de taxis como transporte á escola. A escola de Sedes, con máis de cen anos de historia ve perigar un servizo fundamental para que a matrícula e a escola sega aberta.

O BNG de Narón esixe que se recupere o servizo de transporte á escola de Sedes retirado polo concello de Narón a tres días do inicio do curso.

É moi preocupante que o concello retire un servizo sen previo aviso nin á dirección do CRA, nin ás familias, nin aos taxis que prestaban este servizo até tres días antes do inicio do curso. Preocupante nos parece tamén que a escusa do concello sexa que "xa atenden familias con vulnerabilidade" porque iso, en palabras da nosa propia portavoz "é non entender nada. Misturar servizos sociais necesario con outros servizos é incluso mal intencionado e de gobernos se me apuran do século XIX. Os servizos públicos teñen que ser universais e para todos e todas. Este servizo de transporte vese prestando desde o concello por propia iniciativa municipal desde hai unha década. Agora queren quitalo e sen consultar a ninguén. Iso é prepotencia e non pensar na veciñanza." 

Por todo isto, desde o BNG de Narón, esiximos que se manteña o servizo e presentamos unha moción para o seu debate en pleno coa esperanza de que sexa solucionado canto antes. “Se isto non se revirte Marián Ferreiro será recordada pola alcaldesa que pechou a escola de Sedes” afirma Marta Grandal, responsábel local do BNG de Narón. “Estamos a falar de menos 0,05% dos orzamentos de Narón. Pero retiralo é quitar o dereito dos nenos e nenas a aprender e descubrir desde unha escola feita pola veciñanza" declara Olaia Ledo, portavoz municipal do BNG de Narón. “Temos a confianza de que a maioría da corporación municipal si apoiará a proposta” afirma Ledo.

 

O BNG de Narón esixe que se recupere o servizo de transporte á escola de Sedes retirado polo concello de Narón a tres días do inicio do curso.