O BNG reclama á Xunta e goberno español solucións para as 15 vivendas de Piñeiros desafiuzadas polo SAREB
O BNG pregunta no congreso se o Goberno é coñecedor da situación das 15 familias ameazadas co desaloxo das súas vivendas e se realizará xestións para paralizar o desafiuzamento. No parlamento galego reclama que a Xunta medie xunto o concello de Narón e comece unha reclamación para que estes activos pasen ao IGVS (Instituto Galego de vivenda e Solo) co obxectivo de dar continuidade aos alugueiros que tiñan e que non haxa desafiuzamentos.
A Marcha Mundial das Mulleres e o BNG de Narón reclaman un CIM para Narón
Rexistramos propostas concretas para os orzamentos 2022 de Narón
O BNG de Narón realiza un encontro sobre como afecta o parque de Caaveiro en Narón no local social de Doso
O 5 de maio o BNG de Narón mantiña unha reunicón coas asociacións veciñais de Sedes, O Val e San Mateo afectadas por posíbeis parques eólicos nun futuro. Antes rexistrara petición ao concello para ter información e a resposta foi que nada sabían. Ante isto desde o BNG decidimos buscar solucións directamente e presentamos unha moción municipal que foi aprobada na que se alertaba das consecuencias do boom eólico. O que non sabíamos a aquela altura e que a parroquia de Doso entraba nunha parte na poligonal do parque de Caaveiro.
O BNG de Narón reclama que a fibra óptica chegue ao 100% da veciñanza de Narón
O BNG de Narón presenta no mes de xuño unha moción municipal para instar a tomar as medidas oportunas perante a Xunta de Galiza e o goberno do estado para que a fibra óptica chegue a todos os barrios e parroquias do Concello e rematar coa fenda dixital
O BNG de Narón organizou un encontro dixital sobre o tratamento de residuos urbanos e o modelo SOGAMA
O BNG traslada nas súas enmendas aos orzametos da Xunta as necesidades de Narón
Luns 25 de xaneiro.
Narón é o único concello de máis de 20.000 habitantes que non conta cunha residencia de maiores pública, só conta cunha escola infantil pública, non ten un centro de formación profesional e o novo centro de saúde non terá psicoloxía clínica de momento. Desde o BNG consideran que un concello de 40.000 habitantes precisa todas as medidas reclamadas e presentadas hai dous meses polo BNG no parlamento galego para os orzamentos da Xunta que agora goberno galego vén de rexeitar.
O Muíños das Aceñas no Congreso dos deputados grazas ao BNG
O BNG de Narón, a través do seu deputado Néstor Rego, pregunta ao goberno se ten pensado adquirir como ben público o muíño das Aceñas en estado de abandono e que foi declarado de “interese público” nun consello de ministros no 2010.O Bloque iniciou este verán unha campaña de mobilización para a posta en valor do patrimonio naronés e para reclamar atención nos camiños de sendeirismo en estado deterioro e insistiron na recuperación do muíño das Aceñas que consideran un símbolo
O Muíños das Aceñas no Congreso da man do BNG
O BNG de Narón, a través do seu deputado Néstor Rego, pregunta ao goberno se ten pensado adquirir como ben público o muíño das Aceñas en estado de abandono e que foi declarado de “interese público” nun consello de ministros no 2010.O Bloque iniciou este verán unha campaña de mobilización para a posta en valor do patrimonio naronés e para reclamar atención nos camiños de sendeirismo en estado deterioro e insistiron na recuperación do muíño das Aceñas que consideran un símbolo
O BNG de Narón critica que o concello faga só propaganda do traballo a realizar nas parroquias.
O BNG de Narón critica que o concello faga só propaganda do traballo a realizar nas parroquias.
Reclamación da reposición de servizos de tren e mellora da rede ferroviaria
A precariedade laboral nas residencias da terceira idade
O BNG de Narón reclama ao Goberno Municipal melloras no Centro Manuela Pérez Sequeiros
O estado no que se atopa o Centro Manuela Pérez Sequeiros é vergoñento, un referente como Centro Sociocomunitario con un Centro de Día Integrado e que ofrece moitísimas actividades a todos os rangos de idade pero cheo de pingueiras, humidades, desconchados na fachada, etc...
Fontes e patrimonio a caer na beira do río Xuvia en Narón
Defender o noso patrimonio, facer rutas seguras é cousa de todos. A beira do río Xuvia pode estar acondicionada e contar con fondos europeos mais para iso precisa que se mire e se traballe por esta contorna.
Narón ante o inicio do curso escolar
O BNG vén de reunirse no parlamento con diferentes sectores do sistema educativo e cunha reunión presencial coas diferentes federacións de ANPAS públicas para preocuparse e reclamar medidas acaídas para un inicio de volta ás aulas SEGURO. No BNG de Narón, através do noso grupo municipal tamén fixemos o noso traballo solicitando, máis unha vez, información ao concello e reclamando diferentes cousas. O grupo de goberno púxose en contacto con nós e dixo que ía valorar as ideas e informarnos nos vindeiros días. Desde o BNG consideramos que deberíamos facer unha declaración institucional pola demora en información da Xunta de Galiza que non se vai dar até setembro e presumíbelmente até o día 7 (cando comezan as aulas o 10), ou unha rolda entre todos os grupo municipais con presenza dos seus voceiros/as para enfatizar a situación na que se atopan moitas familias do noso concello. Ademais, pedimos que o concello apoie as posíbeis mobilizacións que se barallan antes do inicio do curso.