O BNG de Narón reclama que a fibra óptica chegue ao 100% da veciñanza de Narón

 O BNG de Narón presenta no mes de xuño unha moción municipal para instar a tomar as medidas oportunas perante a Xunta de Galiza e o goberno do estado para que a fibra óptica chegue a todos os barrios e parroquias do Concello e rematar coa fenda dixital

 

 

 

O BNG de Narón reclama que a fibra óptica chegue ao 100% da veciñanza de Narón

A fenda dixital nesta pandemia fíxose evidente e un problema a resolver no noso país. En Galiza, os fondos de recuperación do Estado destinados á instalación da fibra óptica son xestionados pola Xunta de Galiza e, no BNG de Narón, despois de comprobarmos e falar cos veciños e veciñas do rural (que se viron plasmadas nas reclamacións das asociacións nos consellos territoriais) denuncian os graves problemas nos que se encontran nas parroquias para poder acceder a un internet de calidade. Desde o bloque instamos ao concello para que faga un estudos das zonas con problemas e que reclamen á Xunta ou directamente á empresa concesionaria (Movistar) para a instalación de fibra óptica “O que pedimos é que se informe á veciñanza como teñen que reclamare tamén que o concello insista para que se utilicen os fondos de recuperación do Estado por este motivo en Narón” indica Olaia Ledo, a nosa portavoz municipal. Outros concellos están a traballar neste sentido (Cabanas desde hai dous anos xa leva instalado un 40% do territorio e completarán todo o concello a finais do 2022) e sabemos que o mínimo é ter a información a man para poder asesorar aos nosos veciños e veciñas.

fibra óptica

O BNG de Narón reclama que a fibra óptica chegue ao 100% da veciñanza de Narón