A precariedade laboral nas residencias da terceira idade
A nosa responsábel local, Marta Grandal, estivo presente onte nunha xuntanza entre as representantes da CIG-saúde-laboral das residencias da 3ª idade e unha representación do BNG da comarca, entre os que se atopaba Mon Fernández (deputado no Parlamento).
A maioría de nós coñece estes centros como residencias nas que xs usuarixs teñen unha idade avanzada e, por circunstancias da vida, quedaron soas ou precisan coidados e non teñen quen llos proporcione dentro do seu entorno. Pois dende que se aprobou a Ley de Dependencia 39/2006 estas residencias convertíronse en Centros Asistencias, agás os que pertencen ás ordes eclesiásticas. Calquer persoa á que se lle conceda un grao de dependencia, teña a idade que teña, pode ser usuaria destes centros. Os coidados non son os mesmos para xente dependente parcial ou totalmente que esteña nunha idade avanzada, que para unha muller ou un home de mediana idade, sexa cal sexa o seu grao de dependencia, pero en ningún centro da comarca se reforzou o persoal nin se formou o que estaba para traballar cxs novxs usuarixs.
Os centros da comarca son privados, algúns deles pertencentes a ordes eclesiásticas e outros a empresas privadas que son as que os xestionan, aínda que teñan un concerto coa Xunta de Galiza, concerto que o persoal laboral non coñece e sempre que preguntan por él, ou solicitan unha reunión coa Consellería, reciben a calada por resposta. O persoal laboral na maioría deles é do xénero feminino, agás os cargos directivos que neles sí que atopamos algún home, e teñen unhas condicións laborais moi precarias. De ahí que, nos tempos que estamos vivindo por mór da COVID-19, se produza unha fuga de persoal moi grande cara o SERGAS, onde as condicións laborais son mellores. Unha epidemia deste tipo fíxonos ver que a Sanidade Pública está excasa de persoal polos recortes que ano tras ano levan facendo dende o Goberno do PP, en 11 anos foron 145 millóns de euros que derivaron nunha Sanidade Pública con listas de espera cada vez máis longas, con centros de saúde sen pediatras nin matronas, etc... e coa nosa xuventude emigrando porque non se lle da a oportunidade de traballar.
Esta fuga de persoal non fai que se cubran as prazas que quedan valeiras, polo que xa cando a ratio de traballadores por número de usuarios non era correcta, imaxinádevos agora, menos persoal pero os usuarios seguen sendo os mesmos e cada vez máis dependentes. Hai algún centro que non ten servizo de enfermería nalgún dos seus turnos, e outros que xa están sin médicos, ademais de que se hai algunha traballadora de baixa outra compañeira doblará turno para cubrir a súa falta, non se cubren as ausencias nin as baixas. Nestes ratios son considerados por igual o persoal directivo que xs auxiliares, enfermeirxs, médicos, fisioterapeutas... o cal non ten lóxica ningunha cando o traballo a realizar por cada un deles non é o mesmo.
Cando chegou a primeira vaga da COVID-19 víronse sin EPI´s e logo sin formación para saber cómo usalos nin cómo tratar a un paciente positivo na COVID, xa que non os ingresan en ningún centro, seguen nas residencias agás cando son casos moi graves. Isto é algo que co tempo foi mellorando pero sempre a base de protestas das empleadas e de saír na prensa diariamente, unha vergoña.
A día de hoxe estase negociando o convenio laboral coa empresa que xestiona a maioría dos centros coma EUXA ou o Centro de Día que temos no Manuela Pérez Sequeiros, que é DOMUS VI. Esperamos que nesta negociación se poidan solucionar estas eivas.