O Muíños das Aceñas no Congreso dos deputados grazas ao BNG

O BNG de Narón, a través do seu deputado Néstor Rego, pregunta ao goberno se ten pensado adquirir como ben público o muíño das Aceñas en estado de abandono e que foi declarado de “interese público” nun consello de ministros no 2010.O Bloque iniciou este verán unha campaña de mobilización para a posta en valor do patrimonio naronés e para reclamar atención nos camiños de sendeirismo en estado deterioro e insistiron na recuperación do muíño das Aceñas que consideran un símbolo

O Muíños das Aceñas no Congreso dos deputados grazas ao BNG

Desde BNG de Narón reclamamos unha solución para o muíños das Aceñas e por iso presentamos unha moción municipal (até en dúas ocasións) na que insta ao concello a traballar pola súa rehabilitación e posta en valor. Agora, avanzamos un paso máis de cara poder dar utilidade a comisión que se vai formar entre os grupos municipais no concello e reclaman no congreso o que se comprometeu o goberno español no 2010 a través do Ministerio de medio Ambiente (hoxe ministerio de Transición Ecolóxica e Reto Demográfico) que consistía na adquisición do muíño a través da demarcación de costas e declarando o inmoble patrimonial de “Interés Público” no consello de ministros do 23 de abril do 2010. “Sabemos que todos temos que poñer da nosa parte e a adquisición por parte do ministerio e cesión despois ao concello e unha delas. Ademais, a localización do muíño está en chan rústico en demarcación de costas polo que teñen todas as posibilidades de facelo antes de que sexa unha ruína total” afirma Olaia Ledo, voceira municipal do BNG de Narón.

Desde a asemblea local levamos realizando unha campaña continuada desde o verán con varios obxectivos: recuperar o patrimonio de Narón que se está a caer e mellorar as rutas e camiños para o desfrute e benestar das naronesas e naroneses. Sabemos que o patrimonio é importante pero sabemos que o máis importante é facer camiños seguros para que a cidadanía poida desfrutar do espazo público coma un ben máis. Por iso fixemos accións en varias direccións: unha foi a través de varios rexistros no concello sinalando as eivas e conseguimos melloras puntuais nas rutas de sendeirismo, outra foi a denuncia en prensa e redes sociais, outra a instalación de cartelería e tamén a limpeza das rutas. “Hai dous meses realizamos unha xornada de concienciación, limpeza da ría e río Xuvia onde participaron ducias de persoas e cunha rolda de prensa xusto diante do muíño das Aceñas. Nesa rolda, a portavoz municipal Olaia Ledo e o deputado galego Mon Fernández instaron ao concello como administración que debería de liderar a proposta, hoxe facémonos parte activa das solucións” indica Geno Carballeira, concelleiro do BNG

O Muíños das Aceñas no Congreso dos deputados grazas ao BNG