O BNG de Narón critica que o concello faga só propaganda do traballo a realizar nas parroquias.

O BNG de Narón ve con perplexidade como un traballo que ten que ser norma, ir mudando as luces públicas do concello para unha alumeado sostíbel, se converte nunha nota de prensa constante do concello desde hai dous anos. 
O BNG de Narón critica que o concello faga só propaganda do traballo a realizar nas parroquias.

Dende o BNG de Narón sabemos que son moitas as propostas para as parroquias e a súa mellora nun modelo que integre rural e urbano, pero tamén somos conscientes de que rara vez son escoitadas salvo cando se fai presión. A última do concello sorprendeunos tres veces (unha por cada nota de "imos intalar, estamos instalando, xa instamos" porque consideramos “Doso” unha parroquia esquecida, unha parroquia na que o BNG gañou as eleccións nas municipais como organización máis votada é da que é orixinario o noso concelleiro Geno Carballeira. O que fora presidente da asociación veciñal de Doso, Geno Carballeira declara “Todo investimento posible en Doso ou en calquera parroquia do rural de Narón debe ser reclamado e benvido é cando chega . En todo caso queda un sabor agridoce ao ver como unha e outra vez se publican por parte do concello as mesmas novas de investimentos (que case no 100% das ocasións están cofinanciados pola Deputación) como grandes logros cando son sólo unha minúscula parte do que o BNG lles propuxemos de mínimo para poder cogobernar e volvemos a propoñer cando temos ocasión. Nos seguiremos mellorando e propoñendo os nosos grandes plans que ademáis de cubrir os servizos básicos (moi deficientes ou inexistentes en Doso) impulsen o retorno e explotación sostible e rendible do rural. En definitiva, á espera de poder celebrar cousas coma un paseo maritimo-fluvial referente no país ou o alcance do saneamento á práctica totalidade das persoas celebraremos cambios de bombillas nas nosas parroquias

 

O BNG de Narón critica que o concello faga só propaganda do traballo a realizar nas parroquias.