O OCTAVO ORZAMENTO DESTE PAÍS TEN A POSIBILIDADE DE FACER OS PLENOS ONLINE E QUE ACCEDA A ELA A VECIÑANZA DE NARÓN

O BNG de Narón reclama que os plenos sigan a ser públicos a través da internet

 

 

O BNG de Narón reclama que os plenos sigan a ser públicos a través da internet

O BNG de Narón acaba de rexistrar para pedir que o concello traballe de cara que os plenos poidan verse online e en directo “Agora que a lóxica pide que volvan ser telemáticos, os plenos volven ficar para as persoas concelleiras. O octavo orzamento deste país ten a posibilidade de facer os plenos online e que acceda a ela a veciñanza de Narón” Indica Olaia Ledo, portavoz municipal do BNG de Narón. 

Desde o BNG indican que hai plataformas que enlazan con youtube directamente e permiten ver os plenos. Reclama o BNG isto pola necesidade que a soberanía do pobo de Narón poida expresarse a través do pleno e ver en directo o que opinan e defenden os seus representantes políticos.

O rexistro indicaba o seguinte:


Na situación actual na que nos atopamos por mor da COVID-19 desde o Concello vémonos na obriga de facer os plenos telematicamente, polo tanto sen público.

Noutros concellos do país, sen falar das cidades (que na maioría tamén), as veciñas e veciños poden seguir os plenos vía streaming, temos exemplos na comarca como San Sadurniño ou Cabanas, concellos cun orzamento nada comparábel ao de Narón e que, facendo unha mínima inversión, danlle ás súas veciñas e veciños a oportunidade de coñecer de primeira man os acordos plenarios. Lembremos que o pleno é o lugar onde o pobo pode ver como se exerce a súa soberanía.

O Grupo Municipal do BNG, representado pola súa voceira Dona Olaia Ledo Díaz con DI 76364260-M:

SOLICITA ao goberno municipal:

  • Artellar a fórmula de retransmitir os plenos vía streaming para que a cidadanía poida acceder aos mesmos en calquer lugar e facer da participación cidadá un exemplo no noso concello.
O BNG de Narón reclama que os plenos sigan a ser públicos a través da internet