A Marcha Mundial das Mulleres e o BNG de Narón reclaman un CIM para Narón

O xoves 28 de outubro o BNG e a Marcha presentarán para a súa aprobación unha moción municipal a favor da creación dun Centro de Información á Muller que valga para a promoción da igualdade real e efectiva. A moción forma parte dunha campaña para dotar a comarca de máis Centros de Información á Muller por parte da Marcha Mundial das Mulleres e de dar continuidade a reclamación do BNG de Narón que leva pedíndoo para os orzamentos municipais do 2021 e o 2022.
¨
A Marcha Mundial das Mulleres e o BNG de Narón reclaman un CIM para Narón

Os centros de información á muller (CIM) son aqueles recursos de carácter permanente desde os cales se articula unha intervención global dirixida ás mulleres e que proporcionan asesoramento xurídico, atención psicolóxica, orientación profesional e sociolaboral, así como calquera outra información encamiñada á consecución da igualdade efectiva entre mulleres e homes. Desta maneira a funcións destes espazos é a de prestar atención e asesoramento a aquelas mulleres que o demanden, de forma individual ou colectiva, formando parte dun grupo ou asociación de mulleres, así como a calquera persoa, en asuntos relacionados coa promoción social da igualdade de xénero e tamén como asesoramento so colectivo LGBT+.

A Marcha Mundial das Mulleres de Ferrolterra, dada a importancia que teñen estes centros para que persoas que necesiten o seu servizo saiban que teñen ese dereito, está inmersa nunha campaña para que os CIM sexan unha realidade na meirande parte dos concellos da comarca “os recursos teñen que estar ceca para coñecelos e as mulleres precisan espazos seguros onde non teñan que coincidir con persoas que poden precisar dos servizos sociais pero seren ao mesmo tempo maltradores” indica Lucía Vizoso, membro da MMM de Ferrolterra. Por este motivo reclaman a Narón, como concello máis grande despois de Ferrol, que invista na creación dun Centro de Información á Muller.

 

O BNG xa reclamara nos orzamentos do 2021 este espazo por consideralo esencial e rexistraron agora tamén para reclamalas nas contas do 2022 afirmando a necesidade de invertir en material social Non queremos seguir de loito e con campañas cara a galería , queremos loitar contra a lacra da violencia contra as mulleres polo mero feito de ser mulleres. Os CIM son unha ferramenta importantísima para combatir a violencia. No CIM de Ferrol 0 40% das usuarias son de Narón e case a súa totalidade da zona urbana o que demostra o descoñecemento dunha parte das mulleres de Narón. Nun lugar cénttrico da nosa cidade e coa publicidade necesaria permitiría dar a coñecer ás mulleres os seus dereitos e a loita de maneira real contra a violencia de xénero.” declara Olaia Ledo, portavoz municipal do BNG de Narón. 

 

A Marcha Mundial das Mulleres e o BNG de Narón reclaman un CIM para Narón