O BNG DE NARÓN DENUNCIA QUE A XUNTA NON APROBARA NINGUNHA DAS SÚAS EMENDAS AOS ORZAMENTOS DA XUNTA QUE CONSIDERAN VITAIS PARA A OCTAVA CIDADE GALEGA

O BNG traslada nas súas enmendas aos orzametos da Xunta as necesidades de Narón

Luns 25 de xaneiro.

Narón é o único concello de máis de 20.000 habitantes que non conta cunha residencia de maiores pública, só conta cunha escola infantil pública, non ten un centro de formación profesional e o novo centro de saúde non terá psicoloxía clínica de momento. Desde o BNG consideran que un concello de 40.000 habitantes precisa todas as medidas reclamadas e presentadas hai dous meses polo BNG no parlamento galego para os orzamentos da Xunta que agora  goberno galego vén de rexeitar.

O BNG traslada nas súas enmendas aos orzametos da Xunta as necesidades de Narón

Desde o BNG de Narón, agora que esta semana aproban os orzamentos da Xunta, insta a que rectifiquen o que denomina “desleixo con Narón” para que se fagan os investimentos que se precisan. Afirman que traballan e reclaman para que, en momentos onde a saúde ten que ser o primeiro, o goberno galego aposte e defenda o público. Para iso prepararon e presentaron a través do grupo parlamentar do bloque nove emendas onde salientan a necesidade dun servizo de psicoloxía clínica no novo centro de saúde, unha residencia de maiores pública ou maiores investimentos nas escolas, institutos e que as escolas infantís municipais pasen á rede pública das Galiñas Azuis “Somos o concello da comarca que máis demanda ten na unidade de saúde mental da área sanitaria de Ferrol e sabemos que moitos casos serían altas se contásemos con psicoloxía clínica no novo centro de saúde, ademais temos 8.000 persoas maiores de 65 anos pero ningunha residencia de maiores pública cando a OMS recomenda 5 prazas por cada 100 habitantes. Preocúpanos que, agora que veñen fondos europeos, a  Xunta volva a ignorar á octava cidade deste país” reclama Olaia Ledo, voceira municipal do BNG de Narón e membro da executiva nacional do bloque. Nas emendas piden desde arranxos nos firmes das estradas de titularidade autonómicas até a creación dun centro de formación profesional. Apuntan que desde o PP naronés deberían incidir nas necesidades propias se non o que reclaman desde o seu grupo fica demostrado que é fume pero onde queren apuntar é ao goberno actual de Terra Galega e PSOE “non entendemos que o maltrato ao noso concello, as demoras en temas sanitarios, sáldense con paseos co Conselleiro de Sanidade de turno e a Sra. Ferreiro, a alcaldía non debe sacar fotos con quen pon freos á saúde de todas as naronesas e naroneses. Temos un concello que tira balóns fora cando hai problemas pero que lle costa moito atopar as solucións e que un día se pasea co presidente da deputación por San Xiao e outro di que esa estrada non é da súa titularidade” afirma Marta Grandal, responsábel local do BNG de Narón.

O BNG traslada nas súas enmendas aos orzametos da Xunta as necesidades de Narón