O concello de Narón abriu o prazo para a concesión de subvencións ás asociacións e outras entidades do municipio do 2020 quince días antes de que remate o ano.
As actividades do 2020 non se puideron realizar na época da pandemia e, os concellos , publicaron bases para que as entidades poidan recibir axudas no segundo semestre do ano. A sorpresa do BNG de Narón é que despois de preguntar por elas, en Narón sexan publicadas 15 días antes de que remate o ano 2020 "É unha vergoña que as asociacións e entidades teñan que realizar actividades co logo do concello cando nin tan sequera saben se lles concederán as axudas. Unha vez máis en Narón imos tarde" declara Olaia Ledo, voceira do BNG de Narón. Estas axudas ademais cada ano quedan máis baleiras e as asociación veciñais e outras entidades desisten de facelo por que as consideran complicadas. Desde o BNG de Narón inciden que isto é traballo municipal e que está na man do goberno xestionar correctamente "comprobamos unha vez máis que o noso Concello chega tarde a algo que debería ser importante porque as entidades coas súas actividades dan vida ao mellor Narón e promoven unha mellora colectiva como pobo" indica Ledo. Desde o BNG parécenos pouco cantidade a que se destina a estas subvencións pero ante as dificultades sempre fican sen dar nunha moi elevada porcentaxe