Programa electoral. Municipais 2023
Xa podes acceder ao noso programa dándolle ao seguinte enlace:
https://naron.opennemas.com/media/naron/files/2023/05/13/PROGRAMA%20ELEITORAL%202023%20NAROM%20redes.pdfReclamamos unha solución para a destrución dunha parte do camiño do muíño das Aceas
As choivas do inverno produciron un corremento de terras na zona do Muíño das Aceas nun lugar que precisa intervención urxente. O Concello propietario do inmoble, a partir dunha moción do BNG aprobada en pleno, non ten aínda un proxecto de recuperación do mesmo. O concello non é quen de xestionar con outras administracións para porlle solucións e, a 40 días das eleccións, anuncian un proxecto para o muiño cando nin tan sequera teñen o Muíño de Xuvia co museo que lle corresponde.
A candidatura da ilusión
A candidatura do BNG está dotada de experiencia municipal, capacidade e práctica no eido laboral e no movemento asociativo da cidade de Narón. Presentamos publicamente a listaxe de persoas que integran a candidatura para as eleccións do 28M que, en palabras de Olaia Ledo, vindeira alcaldesa, conforman “un equipo preparado para gobernar". “Son persoas co corazón en Narón e capacidade, formación e compromiso para xestionar os retos do noso concello, cun proxecto claro e transformador. Con ilusión e traballo poremos os servizos sociais, a igualdade, a cultura, o emprego, o deporte, o ecoloxismo, integrar rural e urbano e o espazo público, como bens de primeira necesidade”, indicou.

A cabeza e o corazón en Narón
Vídeo que se estreou o día da presentación de Olaia Ledo como candidata, coa participación de Ana Pontón e ao que acudiron centos de naronesas e naroneses. Unídevos a ilusión e ao BNG, o proxecto que precisa #Narón
O BNG de Narón aproba en asemblea o primeiro tramo da súa candidatura para as municipais 2023 por unanimidade
O BNG de Narón realizou unha asemblea local este xoves 19 de Novembro ás oito do serán do que saíu aprobada o primeiro tramo da candidatura co que concorrerán ás eleccións municipais de maio. Estamos preparadas e preparados para gobernar e por iso damos un paso ao fronte.
O BNG de Narón consegue unha alternativa para os coches mentres duren as obras do novo aparcadoiro do centro de saúde despois dun ano de campaña continuada
No pleno municipal de setembro, desde o pediu a través dun rogo á alcaldesa unha alternativa cando se iniciasen as obras do novo aparcadoiro para a xente que tivese que aparcar ao chegar ao novo centro de saúde poida seguir a facelo. A nosa proposta é acordar coa urbanización “as torres” para que durante o día se poida aparcar alí se tes que acudir ao PAC de Narón.
Reclamamos a retirada inmediata do cartel “área de lecer Conde de Fenosa” para cumprir a lei de memoria democrática
O título de Conde de Fenosa creado polo dicatador Franco foi retirado no seu artigo 41 pola lei de memoria democrática o 21 de outubro de 2022. Descoñecemos o procedemnto do concello para o nomeamento mais si que Narón debera recuperar topónimos e microtopónimos orixinais dos lugares; non nomear a represores no seu rueiro.
O BNG apoia ás familia de Piñeiros ante a citación mañá, venres 15 de setembro, no xulgado para xustificar que viven nas súas vivendas
O BNG denuncia que non existe proxecto para a parcela que ocupa o cuartel da Guardia Civil de Xuvia.
No BNG denunciamos que o proxecto de derrubamento aprobado polo goberno cun modificado de crédito vén sen un proxecto posterior de uso cando o concello prometera nas últimas elección municipais unha piscina terapéutica. Desde o BNG tememos que seguirán sen proxecto “máis alá de vender fume” cando toque campaña electoral no 2023. Tamén preocúpalles o elevado gasto de derrubamento.
O BNG denuncia que o concello non contempla na inauguración do muíño de Xuvia a limpeza dos lodos que permitirían accionar o movemento dos rodicios. Desta maneira o muíño non poderá accionar o mecanismo de moenda polo que foi creado.
No BNG de Narón visitamos a contorna do muíño de Xuvia este xoves 28 ao remate dun pleno onde fixemos pregunta á alcaldesa para que explicase se pensa inaugurar o Muíño de Xuvia sen poder funcionar a moenda a pesar de restaurar os artiluxios fabrís do propio muíño. A resposta da alcaldesa foi afirmativa mais, ante a información por parte da empresa adxudicataria e a revisión dos pregos do proxecto de rehabilitación polo BNG sabemos que minte e por iso denunciamos a imposibilidade de que sexa así pola cantidade de lodos que “taponan” o movemento natural dun muíño de río como neste caso o de Xuvia.
Narón en Grande
A Marcha Mundial das Mulleres e o BNG de Narón reclaman un CIM para Narón
Rexistramos propostas concretas para os orzamentos 2022 de Narón
O BNG de Narón solicita información sobre a repotenciación do parque eólico "Novo"
O BNG de Narón foi o primeiro en informar ás parroquias afectadas polo boom eólico que se está a dar e como afecta ao noso concello. A repotenciación do parque "Novo" que afecta en Sedes era sabido e, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Empresa e Innovación publicará en breve o acordo que se someterá a información pública. A Xunta xa informou aos concellos afectados polo que agora o BNG de Narón solicita esa información e un informe técnico municipal ao respecto.
O BNG de Narón realiza un encontro sobre como afecta o parque de Caaveiro en Narón no local social de Doso
O 5 de maio o BNG de Narón mantiña unha reunicón coas asociacións veciñais de Sedes, O Val e San Mateo afectadas por posíbeis parques eólicos nun futuro. Antes rexistrara petición ao concello para ter información e a resposta foi que nada sabían. Ante isto desde o BNG decidimos buscar solucións directamente e presentamos unha moción municipal que foi aprobada na que se alertaba das consecuencias do boom eólico. O que non sabíamos a aquela altura e que a parroquia de Doso entraba nunha parte na poligonal do parque de Caaveiro.
Reflexión sobre o patrimonio de Narón e o problema social que deriva del
Narón ante o inicio do curso escolar
O BNG vén de reunirse no parlamento con diferentes sectores do sistema educativo e cunha reunión presencial coas diferentes federacións de ANPAS públicas para preocuparse e reclamar medidas acaídas para un inicio de volta ás aulas SEGURO. No BNG de Narón, através do noso grupo municipal tamén fixemos o noso traballo solicitando, máis unha vez, información ao concello e reclamando diferentes cousas. O grupo de goberno púxose en contacto con nós e dixo que ía valorar as ideas e informarnos nos vindeiros días. Desde o BNG consideramos que deberíamos facer unha declaración institucional pola demora en información da Xunta de Galiza que non se vai dar até setembro e presumíbelmente até o día 7 (cando comezan as aulas o 10), ou unha rolda entre todos os grupo municipais con presenza dos seus voceiros/as para enfatizar a situación na que se atopan moitas familias do noso concello. Ademais, pedimos que o concello apoie as posíbeis mobilizacións que se barallan antes do inicio do curso.