O BNG de Narón solicita información sobre a repotenciación do parque eólico "Novo"
O BNG de Narón foi o primeiro en informar ás parroquias afectadas polo boom eólico que se está a dar e como afecta ao noso concello. A repotenciación do parque "Novo" que afecta en Sedes era sabido e, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Empresa e Innovación publicará en breve o acordo que se someterá a información pública. A Xunta xa informou aos concellos afectados polo que agora o BNG de Narón solicita esa información e un informe técnico municipal ao respecto.
O BNG de Narón realiza un encontro sobre como afecta o parque de Caaveiro en Narón no local social de Doso
O 5 de maio o BNG de Narón mantiña unha reunicón coas asociacións veciñais de Sedes, O Val e San Mateo afectadas por posíbeis parques eólicos nun futuro. Antes rexistrara petición ao concello para ter información e a resposta foi que nada sabían. Ante isto desde o BNG decidimos buscar solucións directamente e presentamos unha moción municipal que foi aprobada na que se alertaba das consecuencias do boom eólico. O que non sabíamos a aquela altura e que a parroquia de Doso entraba nunha parte na poligonal do parque de Caaveiro.
Reflexión sobre o patrimonio de Narón e o problema social que deriva del
Narón ante o inicio do curso escolar
O BNG vén de reunirse no parlamento con diferentes sectores do sistema educativo e cunha reunión presencial coas diferentes federacións de ANPAS públicas para preocuparse e reclamar medidas acaídas para un inicio de volta ás aulas SEGURO. No BNG de Narón, através do noso grupo municipal tamén fixemos o noso traballo solicitando, máis unha vez, información ao concello e reclamando diferentes cousas. O grupo de goberno púxose en contacto con nós e dixo que ía valorar as ideas e informarnos nos vindeiros días. Desde o BNG consideramos que deberíamos facer unha declaración institucional pola demora en información da Xunta de Galiza que non se vai dar até setembro e presumíbelmente até o día 7 (cando comezan as aulas o 10), ou unha rolda entre todos os grupo municipais con presenza dos seus voceiros/as para enfatizar a situación na que se atopan moitas familias do noso concello. Ademais, pedimos que o concello apoie as posíbeis mobilizacións que se barallan antes do inicio do curso.
O BNG de Narón agradece o apoio "histórico" obtido nas eleccións galegas
Balance deste primeiro Ano
Un ano desde que os nosos concelleiros, Olaia Ledo e Geno Carballeira prometeran defender ao pobo de Narón. Un ano no que pasaron moitas cousas e onde desde o BNG traballamos cada día para que Narón e Galiza sexan mellores. Facémolo sen prevendas e para transformar, como escribía Castelao, os anceios en realidades e as realidades en feitos.
Olaia Ledo fala dos sectores produtivos na moción do BNG aprobada de apoio ao sector do mar
Medidas para Narón. Unidas para facer fronte ao COVID19
Narón en positivo. Unidas para facer fronte ao COVID19
Aprobada a moción do BNG a prol da visibilidade e dereitos LGBT+
Esta mañá tivo lugar o último pleno de Narón e a única moción presentada foi aprobada coas únicas abstencións do PP. O colectivo Avante Ferrolterra interveu no pleno para visibilizar a súa loita e a situación que teñen que vivir no día a días as persoas do colectivo.
“Foi un día importante para Narón” declara Olaia Ledo, voceira do BNG “de cumprirse o aprobado no pleno, o 2020 xa será un pouco mellor que o 2019 na loita por unha igualdade real para todas as persoas. As administracións temos a obriga de lexislar, traballar, colaborar e escoitar para avanzar na visibilidade da sociedade diversa que xa somos de facto”. Desde o BNG somos conscientes de que a moción é só un paso e que os verdadeiros cambios virán nas accións do día a día, no recoñecemento das múltiples identidades.