O BNG DE NARÓN SOLICITA QUE SE INFORME Á OPOSICIÓN SOBRE A REPOTENCIACIÓN E QUE O CONCELLO REALICE O SEU PROPIO INFORME TÉCNICO

O BNG de Narón solicita información sobre a repotenciación do parque eólico "Novo"

O BNG de Narón foi o primeiro en informar ás parroquias afectadas polo boom eólico que se está a dar e como afecta ao noso concello. A repotenciación do parque "Novo" que afecta en Sedes era sabido e, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Empresa e Innovación publicará en breve o acordo que se someterá a información pública. A Xunta xa informou aos concellos afectados polo que agora o BNG de Narón solicita esa información e un informe técnico municipal ao respecto.

O BNG de Narón solicita información sobre a repotenciación do parque eólico "Novo"

O BNG de Narón realizou en abril un encontro coas asociacións veciñais afectadas por parques eólicos, realizou unha charla en Doso e agora é o primeiro en informar á veciñanza de que se vai abrir período de información pública e alegacións para a repotenciación do parque eólico de Sedes. A repotenciación afecta en Narón á poligonal en 17 parcelas e deixará de ter compensación eonómica xa que os muiños que estaban instalados no concello de Narón desaparecerán. Na actualidade a asociación veciñas “rosa dos ventos” de Sedes xa solicitou por varias vías información ao concello e presentara co BNG no pleno de maio unha moción ao respecto. Hoxe, hai veciños e veciñas que viven preto que queren saber cales van ser as condicións nas que se verán afectados e afectadas "Temos que informarnos unha vez máis disto polo concello veciño de San Sadurniño, para nós agosto non son vacacións porque representamos ao pobo de Narón e temos unhas obrigas con eles e reclamamos que nos informen desde alcaldía e que poñan en marcha o servizo técnico do concello para informar á veciñanza afectada" indica Olaia Ledo, portavoz municipal do BNG de Narón.

O BNG de Narón estase a asesorar de maneira independente a respecto destes parques ante unha falta de transparencia política ao respecto do goberno de Narón.

 

Parque Eólico

 

O BNG de Narón solicita información sobre a repotenciación do parque eólico "Novo"