Reclamamos a retirada inmediata do cartel “área de lecer Conde de Fenosa” para cumprir a lei de memoria democrática
O título de Conde de Fenosa creado polo dicatador Franco foi retirado no seu artigo 41 pola lei de memoria democrática o 21 de outubro de 2022. Descoñecemos o procedemnto do concello para o nomeamento mais si que Narón debera recuperar topónimos e microtopónimos orixinais dos lugares; non nomear a represores no seu rueiro.
Na sinalización da senda que une Freixeiro co paseo de Xuvia aparece un cartel que se nomea como ”Área de lecer Conde de Fenosa”. Descoñecemos cal foi o procedemento de escolla por parte do concello para este nomeamento: a dun título nobiliario creado polo dictador Francisco Franco no ano 1955 en favor de Pedro Barrié de la Maza que expoliou os recursos de milleiros de galegos e galegas e enriqueceuse da represión ás persoas do bando republicano apropiándose de bens alleos. O que si sabemos desde o BNG é que este condado foi suprimido o 21 de outubro de 2022 trala aprobación da lei de memoria democrática no seu artigo 41.
Por todos isto, SOLICITAMOS: a retirada inmediata da cartelería exposta e a recuperación no seu lugar do topónimo ou microtopónimo desa zona.
"O nome dunha área de lecer cun título nobiliario creado polo dictador Francisco Franco no ano 1955 en favor de Pedro Barrié de la Maza que expoliou os recursos de galegos e galegas e enriqueceuse da represión ás persoas do bando republicano que el mesmo propicio en escritos “depuradores” de traballadores do Banco Pastor non pode ter o nome dunha área de lecer no noso concello no que moitas familias sufriron a represión durante a Guerra Civil e 40 anos de dictadura fascista. O que si de bemos recordar á xente máis nova que ese señor foi o segundo presidente que tivo a “xunta pro Pazo de Meirás”na que se expoliou ao pobo de Sada ou foi o propulsor do agasallo da Casa Cornide á familia Franco” declara Olaia Ledo, portavoz municipal do BNG de Narón. “Ademais pedimos que se cumpra coa lei de memoria democrática que suprime no seu artigo 41 este título nobiliario”