O BNG DE NARÓN PROPÓN EN POSITIVO SOÑAR PARA GAÑAR O NARÓN DO PRESENTE E DO FUTURO

Narón en Grande

O BNG de Narón vén de votar SI a todas as propostas que se deron no pleno de abril no concello. A nosa maneira de actuar contrasta coa gris dun goberno sen ideas e que di Non a todo o que se propón aínda que logo algunhas ideas nos rouba. Ogallá colleran máis porque gañamos todos e todas.
Narón en Grande

O BNG de Narón segue a medrar en simpatía e persoas que se unen ao proxecto. Agora pedimos directamente que vos unades e solicitedes información para poder seguir a avanzar na nosa cidade. 

Ante o non ás nosas propostas para a cidade do goberno: non á accesibilidade universal cognitiva, non aos desfibriladores en todos os lugares (aínda estamos a agardar que repoñan o do Pazo), non a un centro de información á muller, non a solucionar os problemas do SAF, non a reparar o tellado do Manuela Pérez no BNG, non a conveniar coa SAREB para manter os alugueiros das familias afectadas de Piñeiros...  en Narón nós somos aos do SI:

Si ao acceso universal, si ao tratamento de residuos fora do modelo incinerador de SOGAMA, SI aos hortos urbanos, si ao CIM, si ao coidado do patrimonio, si aos dereitos das maiorías sociais, si aos xervizos públicos, si á cultura en todos os barrios e parroquias, si ao transporte público aos polígonos, si a un tren de cercanías...

 E poderíamos seguir... máis pedísmovos que difundades nas vosas redes e amizades a campaña e que, por suposto, únaste á lusión, ás ideas claras e ao SI para Narón :

Facebook:

https://www.facebook.com/100064606279205/posts/355376089959264/?d=n

Instagram:

https://www.instagram.com/p/CdDESsdsaoz/?igshid=YmMyMTA2M2Y=

Twitter:

https://twitter.com/bng_naron/status/1521035241166721025?s=21&t=9L5cYiE8qTE5BCD3BIx-ng

Narón en Grande