O BNG de Narón consegue unha alternativa para os coches mentres duren as obras do novo aparcadoiro do centro de saúde despois dun ano de campaña continuada
No pleno municipal de setembro, desde o pediu a través dun rogo á alcaldesa unha alternativa cando se iniciasen as obras do novo aparcadoiro para a xente que tivese que aparcar ao chegar ao novo centro de saúde poida seguir a facelo. A nosa proposta é acordar coa urbanización “as torres” para que durante o día se poida aparcar alí se tes que acudir ao PAC de Narón.
O aparcadoiro do novo centro de saúde é unha promesa que leva unha demora de ano e medio. Agora, inícianse unhas obras moi reclamadas desde a oposición pero, no que o BNG, desde setembro reclamamos unha alternativa para quen ten que ir en coche ao novo centro de saúde “vir ao médico en Narón é saber que vas ter que limpar os zapatos ao chegar á casa e agora vai ser moito peor xa que a xente de todas as idades e condicións non terán un lugar onde deixar o coche se teñen que vir ao centro de saúde. O noso concello ten unha mobilidade que obriga a que máis do 90% das usuarias do PAC de Narón teñamos que desprazarnos en vehículo. Por iso propoñemos unha solución, porque queremos sumar e que a necesidade dunhas obras que xa tiñan que estar rematadas antes da inauguración hai ano e medio non sexa un problema para acudir ao médico” indica Olaia Ledo , portavoz municipal do BNG.
Por todo isto o BNG inicia unha campaña de información e, de non ter resposta, iniciará unha recollida de firmas para que en febreiro xa exista unha alternativa “pensamos que pode ter unha solución doada se poñemos o diálogo e acordamos unha solución. Nós, facemos a proposta para axudar e para que Narón sexa de todos e todas” incide Ledo