O BNG apoia ás familia de Piñeiros ante a citación mañá, venres 15 de setembro, no xulgado para xustificar que viven nas súas vivendas
Desde o BNG manifestamos todo o noso apoio no proceso longo que están a vivir as persoas afectadas pola SAREB no barrio de Piñeiros e facemos un chamamento a que todos os grupos do concello de Narón se sumen “o concello debeu ofrecer a posibilidade de xestionar estas vivendas cun acordo coa SAREB pero por desgraza non se moveu máis alá de preguntar pola situación” indica Olaia Ledo, portavoz municipal do BNG de Narón “e a Xunta, con competencias en materia de vivenda, tamén ten responsabilidade cara estas familias e outras no resto do país afectadas por procedementos similares. É unha vergoña que se traten as persoas desta maneira cando sempre cumpriron uns contratos nos que descoñecían por completo que a propiedade pasara á SAREB ou banco malo ata a citación xudicial. É grave que algo que se debera solucionar politicamente e desde as administracións teña que estar nun xulgado e con persoas indo a demostrar o que é unha realidade: que viven nas súas vivendas e que pagan puntualmente o seu alugueiro” declara Ledo.