BNG de Narón
Asemblea local BNG de Narón
BNG de Narón

Traballamos con ilusión por un Narón Mellor. Estamos orgullosas e orgullosos do nosos concello mais sabemos que é o momento de que deamos un paso cara adiante e que ademais de dotármonos de servizos sexamos unha cidade amábel para vivir, para estar, para quedar e para gozar dela. Queremos máis e que a xente que veña a vivir canda nós non o vexa como algo temporal se non que nos sitúe no mapa con orgullo entre as súas amizades e familiares. Como BNG non só traballamos por Narón se non que nos verás na rúa, en asembleas, nas institucións buscando a igualdade real de todas as persoas, polo benestar do pobo galego (con emprego, dereitos, servizos, transporte, coidando o medio ambiente, apostando polos sectores produtivos e o comercio de cercanía) e porque o futuro sempre sexa mellor. Soñamos e traballamos para facelo realidade. Se queres participar con nós estamos na rúa 25 de Xullo nº1, entrechán F (en fronte ao concello e ao centro de saúde). Abertos mércores, xoves e venres de 9:00 a 13:00 e de 16.00 a 18:30. Tamén nos podes atopar todos os días na oficina do grupo municipal no entrechán da casa do Concello. Podes enviarnos un correo a [email protected]g.gal ou chamarnos ao 981 383 990 para calqueira información ou cuestión . Temos unha idea clara: sumar por Narón e por Galiza

Portadas
131567065_10220488310890417_5057873900896968236_n

Apostamos polo produto naronés e galego e pola súa comercialización

A proximidade das festas do Nadal e o que iso implica dende o punto de vista do consumo pode e debe ter un efecto positivo na economía galega. Defendamos a nosa artesanía, música, libros, xoguetes e produtos que se crean directamente no noso país, defendamos os sectores primarios como a gandería, peixes e mariscos, a horta galega, defendamos o comercio de proximidade... todo isto redunda na nosa economía.
Ler novas
Portadas
Demolición de dúas vivendas históricas

Reflexión sobre o patrimonio de Narón e o problema social que deriva del

O BNG de Narón critica a situación do patrimonio no concello de Narón no inicio da demolición de dúas casas en Xuvia. Desde o BNG de Narón incidimos que a demolición era necesaria porque xa se convertira nun problema social pero reclaman que para que isto fose posible estas dúas vivendas, que albergaron a casa do concello hai décadas, foron caéndose pouco a pouco. 
Ler novas
Portadas
pleno narón

Uns Orzamentos decepcionantes

O BNG de Narón critica que os orzamentos presentados polo grupo de goberno son continuistas, non atenden as necesidades derivadas da pandemia e que a partida máis grande vaise en gasto corrente (máis do 90%  só en gasto corrente) cando debería ir a novos investimentos e para o tecido social da localidade.

 

 

 

Ler novas
UNKNOWN
IMG_0852

Solicitude de creación dun CIM en Narón

A octava cidade do país non se pode permitir que as mulleres do seu concello non teñan recursos para atallar a violencia machista ou que estes sexan insuficientes. O CIM de Ferrol asesora e traballa con mulleres e persoas do colectivo LGBT+ de toda a comarca. Narón precisa ofertar nun lugar máis cercano e informar para que, as persoas e familias que o precisen, poidan ser atendidas. Así acontece en todos os concellos de máis de 20.000 habitantes agás Narón.
Ler novas
Portadas
IMG-20201208-WA0021

As eivas da Ruta dos Muíños non se arranxan con propaganda

Desde o BNG de Narón queremos denunciar a deixadez e falta de capacidade do Concello de Narón para solucionar os problemas indicados reiteradamente polo BNG desde hai meses na Ruta dos Muíños de Xuvia. Tamén mostramos a nosa preocupación polos reiterados intentos desde o concello de tapar as diferentes eivas con simple propaganda.

Ler novas
UNKNOWN
Captura de pantalla 2020-12-08 a las 12.27.52

PLENO DE NOVEMBRO

No pleno do mes de novembro presentamos dúas mocións: unha para protexer o Muíño das Aceas e outras moción sobre a reposición de servizos de tren suprimidos e plan de mellora da rede ferroviaria e creación do ente ferroviario galego. Narón ten moito que dicir se de tren falamos.

Ler novas