BNG de Narón
Asemblea local BNG de Narón
BNG de Narón

Traballamos con ilusión por un Narón Mellor. Estamos orgullosas e orgullosos do nosos concello mais sabemos que é o momento de que deamos un paso cara adiante e que ademais de dotármonos de servizos sexamos unha cidade amábel para vivir, para estar, para quedar e para gozar dela. Queremos máis e que a xente que veña a vivir canda nós non o vexa como algo temporal se non que nos sitúe no mapa con orgullo entre as súas amizades e familiares. Como BNG non só traballamos por Narón se non que nos verás na rúa, en asembleas, nas institucións buscando a igualdade real de todas as persoas, polo benestar do pobo galego (con emprego, dereitos, servizos, transporte, coidando o medio ambiente, apostando polos sectores produtivos e o comercio de cercanía) e porque o futuro sempre sexa mellor. Soñamos e traballamos para facelo realidade. Se queres participar con nós estamos na rúa 25 de Xullo nº1, entrechán F (en fronte ao concello e ao centro de saúde). Abertos mércores, xoves e venres de 9:00 a 13:00 e de 16.00 a 18:30. Tamén nos podes atopar todos os días na oficina do grupo municipal no entrechán da casa do Concello. Podes enviarnos un correo a [email protected] ou chamarnos ao 981 383 990 para calqueira información ou cuestión . Temos unha idea clara: sumar por Narón e por Galiza

UNKNOWN

O BNG apoia ás familia de Piñeiros ante a citación mañá, venres 15 de setembro, no xulgado para xustificar que viven nas súas vivendas

A finais de novembro do 2021 varias familias, que viven en réxime de alugueiro nun bloque de vivendas na praza do Asilo en Narón, foron informadas que os seus pisos pertencía á SAREB e que se procedía ás dilixencias de desafiuzamento. A sorpresa foi maiúscula e comezou daquela unha loita onde o BNG apoiounas sempre de maneira pública e a través de propostas no parlamento galego, congreso dos deputados e no pleno do concello de Narón. 
Ler novas
UNKNOWN

O BNG denuncia que non existe proxecto para a parcela que ocupa o cuartel da Guardia Civil de Xuvia.

No BNG denunciamos que o proxecto de derrubamento aprobado polo goberno cun modificado de crédito vén sen un proxecto posterior de uso cando o concello prometera nas últimas elección municipais unha piscina terapéutica. Desde o BNG tememos que seguirán sen proxecto “máis alá de vender fume” cando toque campaña electoral no 2023. Tamén preocúpalles o elevado gasto de derrubamento.

Ler novas
UNKNOWN

Propostas para o borrador do PMUS presentado polo concello

O borrador presentado esquécese do rural por petición do concello, non fai un plan de transporte público e precisa de que a estrada de Castela pase a titularidade municipal polo que o concello ten que reclamarlla á Xunta. Ademais temos que ser, nun concello extenso en territorio como o noso, capaces de diversificar servizos. Xuvia xoga un papel centralizador para as parroquias e é unha oportunidade para incluír parte das parroquias no plan e que teñan conexión directa cun transporte acaído á zona urbana.
Ler novas
UNKNOWN

O BNG denuncia que o concello non contempla na inauguración do muíño de Xuvia a limpeza dos lodos que permitirían accionar o movemento dos rodicios. Desta maneira o muíño non poderá accionar o mecanismo de moenda polo que foi creado.

No BNG de Narón visitamos a contorna do muíño de Xuvia este xoves 28 ao remate dun pleno onde fixemos pregunta á alcaldesa para que explicase se pensa inaugurar o Muíño de Xuvia sen poder funcionar a moenda a pesar de restaurar os artiluxios fabrís do propio muíño. A resposta da alcaldesa foi afirmativa mais, ante a información por parte da empresa adxudicataria e a revisión dos pregos do proxecto de rehabilitación polo BNG sabemos que minte e por iso denunciamos a imposibilidade de que sexa así pola cantidade de lodos que “taponan” o movemento natural dun muíño de río como neste caso o de Xuvia. 

Ler novas
Portadas

Aprobada a moción do BNG para que Narón sexa concello preferente para adquirir axudas no Fondo da Transición Xusta da provincia da Coruña

O Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico respondeu por escrito ao BNG no Congreso dos Deputados que Narón non entrará no convenio de transición xusta. Sorprendeunos que a alcaldesa e o delegado da Xunta falaran sobre este convenio esta mesma semana cando xa existía a negativa: o delegado da Xunta mentiu a todos os naroneses e naronesas evitando informar á alacaldía de algo que xa coñecían.

Ler novas
Portadas

O BNG leva ao congreso o arranxo da calzada e beirarrúas da travesía da estación de RENFE da parroquia de Xuvia.

Os problemas de firme da calzada e accesibilidade á estación de tren de Xuvia son unha evidencia son con achegarte á zona. Agora este tramo de calzada dependente do estado van ao congreso grazas ao BNG. No BNG de Narón reclamamos solucións e respostas a unha demanda veciñal na que a AV Altea de Xuvia ten solicitado en diferentes consellos territoriais e mesmo por escrito. Se o concello non chega ou dalle igual nós temos claro que non e faremos todo o que estea na nosa man para que os nosos barrios e parroquias teñan vida, un plan de mobilidade axeitado e sexan entornos amábeis para vivir.

Ler novas