Deficiencias no novo Centro de Saúde
O pasado venres estivo o señor Feixóo en Narón inaugurando o novo centro de saúde e presumindo de que era o máis moderno de todo o país, na fin de semana traballaron arreo as empregadas e os empregados do mesmo para que por fin o luns se comenzase a atención sanitaria á veciñanza no mesmo e así foi, pero cun comezo nefasto no que xa comenzamos pola mañá escoitando queixas de doentes que estaban na sala de espera de rehabilitación vendo caldeiros polo chan para recoller as pingueiras, supostamente dos tubos do aire acondicionado, ademais de moreas de caixas baleiras.
"Despois de meses de retraso das obras, ou incluso anos si contamos desde que se empezou a facer propaganda de que se ía construír un novo centro de saúde, coido que non é de recibo que a xente que teña que acudir ao mesmo se atope con pingueiras xa o primeiro día, e sin chover dicían algúns", comenta Marta Grandal, responsábel local. Por non falar tamén de que non están operativas todas as salas, como pode ser radioloxía que aínda non comenzou a traballar.
No exterior do centro publicitáronse todo este tempo arredor de 200 prazas de aparcadoiro que facería o concello, ben dito está facería porque feitas non están, estase aparcando nunha explanada de terra fronte ao centro.
Esperamos que todo isto se arranxe canto antes e poder disfrutar de verdade dun novo centro de saúde nas condicións que as naronesas e naroneses merecemos e polo que a veciñanza loitou.