O BNG de Narón reclama que o Concello estude a xestión dos comedores escolares entre concello e Xunta mentres a Consellería de Educación non faga os deberes
O BNG de Narón reclamamos no parlamento a inicios de curso que a Xunta de Galiza xestionara os servizos de comedores dos colexios de Narón e liberara as ANPAS dun traballo que non lles corresponde.
En Narón a xestión dos comedores infantís recae sobre as ANPAS e desde o BNG reclamamos que sexan as administracións públicas quen o fagan “as asociacións de pais e nais vense cuns trámites administrativos e unhas responsabilidades que non lles corresponden. Son as administracións públicas quen teñen que velar polo dereito a conciliación e servizo de comedor dos nenos e nenas, máis necesario que nunca neste ano de pandemia” indica Olaia Ledo, a nosa voceira municipal. Así mesmo reclamamos que “se a Xunta segue sen prestar este servizo e inicia os trámites para poñer cociñas nas escolas que o reclamen que sexa o Concello quen articule as vías para xestionalo. Os comedores deben ter xestión pública e vemos como en Ferrol faise desde o concello cun servizo que aumentou en persoal este ano ou outros municipios que están a estudalo para non cargar sobre as ANPAS unhas responsabilidades que non lle corresponde” reclamamos desde o BNG.