O BNG de Narón rexistra a petición de convertir o centro de saúde vello nun espazo cultural de usos múltiples
Desde o BNG rexistramos desta maneira diferentes propostas e reclamamos unha humanización da zona que valga para poñer en valor o comercio “non podemos deixar de lado ao comercio desta zona e a hostelería que van ver reducidos os seus ingresos significativamente agora que non terán o volume de persoas que cada día se desprazaban ao centro de saúde. Para iso toca facer un estudo da zona, dinamizalo e crear un espazo de usos múltiples onde se poidan facer actos de 100 – 125 persoas algo que en Narón temos dificultades xa que os espazos municipais son ou moi grandes ou moi pequenos” indica Marta Grandal, responsábel local do BNG de Narón “Tamén espazos de 6-10 persoas para reunións dotadas de infraesturas e conectividade a internet, zonas de estudo e outras de usos múltiples” aclara.
Reclamamos tamén que se apoie a dinamización das rúas e praza que arrodean o antigo centro con pequenas actividades culturais exteriores durante todo o ano para achegar ás persoas a este lugar. “Facémola proposta porque é necesario mellorar servizos como por exemplo a Biblioteca que está no límite da súa capacidade ou víronse obrigados a desprazar a biblioteca infantil ao soto por mor do ruido. Aproveitemos un espazo que queda baleiro para o beneficio de todas as naronesas e naronenes”.
O BNG de Narón rexistra a seguinte petición sobre USOS DO ANTIGO CENTRO DE SAÚDE:
O ANTIGO CENTRO DE SAÚDE, UNHA OPORTUNIDADE PARA NARÓN
Este mes fica inaugurado o novo centro de saúde de Narón e toca facer os deberes e dotar de utilidade o antigo centro de saúde situado no centro administrativo de Narón con entradas desde a rúa 25 de Xullo e a Praza de Galiza. A oportunidade para o tecido asociativo e as veciñas e veciños de Narón e grande xa que hai que ter en conta que outros locais municipais están a ficar máis pequenos do que deberan por mor da pandemia ou polo incremento do uso como, neste último caso, a biblioteca infantil que tivo que ser desprazada ao soto do edificio feito para este fin e cun horario limitado.
Ademais, consideramos que a zona precisa dunha dinamización para que teña vida fora do horario de mañá , nunha zona que ao non contar co centro de saúde vai ver disminuída a circulación de persoas.
Por outra banda, en Narón contamos cunha poboación relativamente nova que precisa ademáis de espazos onde poder convivir, reunirse, estudar e, ademais, na nosa cidade precisamos un novo edifcio de usos múltiples para charlas, coloquios, presentación, exposicións para aforos de tamaño medio lonxe dos grandes aforos do Auditorio e do Pazo pero por riba do espazo dos locais sociais.
Por todo isto dese o BNG de Narón propoñemos:
- Aproveitar a infraestrutura do Antigo centro de saúde para reformalo e crear un Centro Cultural Educativo que poida prestar un servizo á sociedade e que sirva para atraer persoas novas e vida a esta zona. O centro debe ter cando menos:
A) Sala de usos múltiples para charlas, exposicións, conferencias e cun aforo entorno as 100 -125 persoas e que se poña a disposición de todas as asociacións e cidadanía en xeral que queiran empregala previa solicitude.
B) Zonas con mesas corridas de traballo de usos múltiples con electricidade, internet, e confort térmico e luminoso que poidan ser usados como zona de lectura en apoio da biblioteca, zonas de estudo para estudantes ou opositores, ou zonas de traballo con portátiles. ( con horarios ampliados en épocas de exames, oposicións ou selectividade)
C) Algunha salas con capacidade para 6-10 persoas dotadas de mesas, cadeiras, enchufes, etc que puidesen ser solicitadas por estudantes ou persoas en xeral para facer reunións de traballo.
D) zona confortable con prensa e revistas actualizadas abertas a cidadanía en xeral.