Presentamos na Área de Industria e Enerxía da Delegación do Goberno alegacións ao Parque Eólico de Caaveiro
O BNG de Narón decidimos presentar alegacións ao parque de Caaveiro despois de comprobar como afecta a Narón “o parque ten unha parte da poligonal na parroquia de Doso pero é que ademais pasa a 1.100 metros do Río Xuvia polo noso concello e a moi pouco dos muíños de Xuvia e As Aceas e tan só a 3,5 km do Mosteiro do Couto” afirma a portavoz municipal , Olaia Ledo.
No mes de maio xa presentamos unha moción para denunciar que neste boom eólico o beneficio é só para o “oligopolio das eléctricas” e pedir participación pública en todo este proceso “se algo temos claro no BNG é que enerxía renovábel non quere dicir inocua e o parque de Caaveiro sen tempo para que as veciñas e veciños teñan información é unha mostra, máis en Narón que tivemos que enterarnos por nós mesmas como afectaba no noso concello” indica Ledo.
Ademais das alegacións pedimos este mes unha declaración institucional para que o concello se posicione contrario a este parque “finalmente foi como moción co que tivemos que chegar a un acordo porque nós xa presentaramos dúas mocións como grupo que é o máximo permitido no pleno de Narón. Ao ir conxunta e despois de negociar que se incluíra o rexeitamento a Caaveiro foi como urxente ao pleno. Estamos satisfeitas do diálogo”