Aprobadas as dúas mocións que o BNG levou ao pleno de xuño en Narón

O BNG de Narón presentou dúas mocións no pleno do 23 de xuño na que se reclamaba que o concello actuase ante os organismos competentes para a instalación da fibra óptica en todo o concello e outra na que se reclama o abaratamento da factura da luz. Ambas saíron aprobadas.

Aprobadas as dúas mocións que o BNG levou ao pleno de xuño en Narón

A fenda dixital nesta pandemia fíxose evidente e un problema a resolver no noso país. En Galiza, os fondos de recuperación do Estado destinados á instalación da fibra óptica son xestionados pola Xunta de Galiza e o BNG de Narón, despois de comprobar e falar cos veciños e veciñas do rural e as reclamacións das asociacións nos consellos territoriais, denuncian os graves problemas nos que se encontran nas parroquias para poder acceder a un internet de calidade. Desde o bloque presentouse unha moción para solucionar e cumprir co mandato da UE de que no 2025 todos e todas teñamos acceso á fibra óptica. A moción foi aprobada por unanimidade.

Ademais, levaron unha moción a que o BNG de Narón denominou “estafa das eléctricas” e na que reclaman en voz da súa portavoz municipal, Olaia Ledo “que o IVE baixe ao 4% e non o 10% como anuncia o goberno estatal ou que deixemos de pagar impostos fora do consumo eléctrico na nosa factura é imprescindíbel para un ben esencial como é a luz. As medidas do goberno son claramente insuficientes e a Xunta tampouco fai o seu traballo sendo Galiza exportadora de enerxía e agora coa invasión eólica que nos queren impoñer por terra e mar. Defender unha tarifa eléctrica galega e máis necesario que nunca e non imos calar por unhas medidas de “alivio” que pretende o PSOE que só duren, ademais, tres meses” . A moción do BNG de Narón foi aprobada con todos os grupos a favor agás o PSOE que votou en contra.

 

Así mesmo, o BNG de Narón fixo un rogo a través do concelleiro Geno Carballeira para pedir orzamentos participativos nas parroquias e unha oferta cultural acaída en verán no rural de Narón e que non fique todo na zona urbana.

Aprobadas as dúas mocións que o BNG levou ao pleno de xuño en Narón