Polémica coa moción do Xacobeo e apoio á declaración LGBT
No pleno do mes de xullo apoiamos a moción presentada polo Partido Popular polos acordos marcados pero criticando unha exposición de motivos “que nada ten que ver con apoiar ao sector turístico se non en criticar á mocidade deste país que reclama rachar cun modelo que os aboca á emigración cando son unha xeración de persoas preparadas e con ganas de poder continuar no país” indica Ledo, portavoz municipal do BNG de Narón. Indicar tamén que se algo se ten que aprender da pandemia é que hai que promover fabricar aquí e non na China e que Galiza é un país no que son necesarias políticas para fortalecer os sectores produtivos, a industria, as PEMES “ningún país forte ten como principal sector o turístico, que hai que protexer e coidar ; nós témolo tan claro que hai nove meses fixemos unha xornada de limpeza en Narón por onde pasa o camiño inglés e no que retiramos voluminosos e plásticos pero o que non queremos é que Galiza teña unha nova xeración de persoas novas abocadas á emigración” Afirma Olaia Ledo.
Algo do que sentirnos orgullosas é que prosperase a moción que presentamos para que Narón pase a formar parte da "rede cidades que camiñan" que ten como presidente de honra ao alcalde de Pontevedra e concellos de toda a península adheridos "por fin Narón terá que preocuparse polo espazo público e ademais contará cona sesoramento, propostas e elaboracións de informes que melloren a vida de todas e todos" indica Ledo, a nosa voceira municipal.
Por outra banda , apoiamos tamén a declaración LGBT contra as violencias pero reclamando políticas reais e concretas máis alá dunha declaración de intencións e que ninguén faga medias tintas “xa aprobamos unha declaración hai un mes e hai un ano aprobábase unha moción do BNG e AVANTE LGBT+ de Ferrolterra pioneira onde se pedían medidas concretas e que se comezaron a realizar desde ensino no concello, ese é o camiño para avanzar e que todas sexamos persoas libres” dixo Ledo na súa intervención no pleno desta mañá.