O BNG DE NARÓN PRESENTA UN DECÁLOGO DE IDEAS PARA A MOBILIDADE EN NARÓN.

10 IDEAS DE MOBILIDADE PARA NARÓN

O BNG ponse a disposición de traballar e sumar de cara a mobilidade en Narón e pon sobre a mesa 10 ideas forza para debatir e poñer sobre a mesa o recoñecido "modelo BNG". PUBLICANO AGORA BAIXO TRES PREMISAS.

10 IDEAS DE MOBILIDADE PARA NARÓN

1. Na comisión de urbanismo do BNG de Narón levamos meses a traballar un proxecto e poder defender un plan de mobilidade no que Narón sexa unha cidade que pon as persoas no centro, camiñar cara unha inclusividade total, sustentabilidade e que valga tamén para dinamizar a economía. Aproveitamos que levamos a metade dos consellos territoriais parroquiais de participación cidadá feitos para sumar e usar a única ferramenta que nos dan: o portal web do concello xa que sempre é positivo e democrático o debate e porque cremos na participación.

2.- Temos un plan de mobilidade e presentamos agora dez ideas matrices para desenvolver. Seguimos a traballar nese plan e poñémonos a disposicicón de reunirnos, falar , traballar alí onde queiran escoitarnos. O lugar escollido da comisión é unha zona que divide en dous o noso concello e que queremos que se solucione e sexa nexo do novo Narón.

3.- No BNG de Narón temos proxecto e queremos un Futuro mellor para todas e todos sen condición. O modelo BNG é hoxe recoñecido en todo o mundo e é agora a oportunidade de sumar para ser unha cidade amábel, inclusiva, onde as persoas sexan o centro e o espazo público un lugar de convivencia vivamos no rural ou na zona urbana.

10 ideas

10 IDEAS DE MOBILIDADE PARA NARÓN