Presentamos dúas mocións a pleno a prol do dinamismo económico do concello
Levamos dúas mocións a pleno: a que reclama un modelo eólico, xusto e en beneficio da veciñanza de Narón e outra posicionándonos en contra de peaxes das autovías que anunciou o estado no seo da UE.
O BNG de Narón levamos dúas mocións municipais a pleno (o máximo permitido no concello de Narón por grupo) nas que reclamamos un modelo eólico xusto e sustentábel e que os beneficios recaian no concello e veciños e veciñas afectados. Así mesmo alertamos da falta de información e do expolio “ao beneficio das portas xiratorias do PP e de catro eléctricas” afirma Geno Carballeira, concelleiro. “Que nos queiran inzar de eólicos, tamén con proxectos no noso concello do que pouco se sabe, e comecemos xuño cunha suba histórica da luz demostra que expolian o noso territorio e recursos pero non pensan en nós. Que falen de que crea emprego cando van permirtir que SIEMENS – GAMESA pecha é unha broma de moi mal gusto” segue dicindo Geno Carballeira.
A outra moción que presentamos sobre as peaxes das autovías galegas á que Narón afecta directamente é un “anuncio que está a xerar unha grande inquietude polos efectos sumamente negativos que isto tería para as clases populares e para os custes das actividades económicas en Galiza dada a súa ubicación xeográfica periférica na Peninsula e en Europa. Queren pintar de verde un novo atraco ás clases populares” indica Ledo, portavoz municipal.