O BNG reclama máis persoal e psicoloxía clínica no novo centro de saúde de Narón

Inaugurouse o novo centro de saúde de Narón sen o compromiso por parte da Xunta de Galiza de aumentar persoal sanitario e administrativo e sen incluír a especialidade de psicoloxía clínica, algo que levamos tempo pendindo desde o BNG e polo que seguiremos loitando.
O BNG reclama máis persoal e psicoloxía clínica no novo centro de saúde de Narón

O BNG de Narón botou anos incidindo para que comenzasen as obras do centro de saúde que hoxe se inaugurou e pedindo que se incremente o número de sanitarios e persoal administrativo para un bo funcionamento do mesmo (necesario xa no antigo centro tal e como reclama as persoas que alí traballan) e poder así prestar a toda a veciñanza unha atención sanitaria como se merece, solicitando tamén radioloxía e psicoloxía clínica con distintas campañas de recollida de sinaturas e presentando mocións no Concello e reclamacións parlamentares (tres veces fixemos enmendas aos orzamentos da xunta para que incluíran este fin) a través da Deputada ao Parlamento Galego Montse Prado, sendo ela quen conseguíu que este novo centro de saúde teña radioloxía, pero temos que seguir loitando para conseguir máis. Non hai que esquecer o traballo desde hai oito anos reclamando tamén o inicio das obras, ata tres veces concello e Xunta colocaron a primeira pedra e trabucáronse nas datas de inauguración.

Captura de pantalla 2021-07-17 a las 11.24.14

 

O venren 16 de xullo, a Xunta de Galiza inauguraba este centro  para reclamar melloras nos servizos, asistencia presencial e que se atendan as demandas do persoal sanitario despois da situación que está vivindo nesta pandemia mundial da COVID-19. Repartimos uns panfletos informativos do traballo do BNG na loita e o compromiso pola saúde da veciñanza de Narón e despregamos a faixa na que pedimos unha residencia pública de maiores para a oitava cidade de Galiza. Nesta loita, seguimos tamén a recoller sinaturas e xa rexistramos pregunta no parlamento galego. 

Captura de pantalla 2021-07-17 a las 11.24.21

Hoxe a alcaldesa de Narón reicibíu a quenes negan os servizos públicos principais ao noso concello e lembremos, se temos o que temos foi grazas a diferentes campañas e a presión da veciñanza para que se cumpriran as promesas, nós seguiremos a reclamar por "terra, mar e aire" os servizos que aínda faltan e que precisamos ademais de reclamar desde xa a atención primaria presencial. para que querríamos un novo centro de saúde se non podemos acudir a el cando o precismos?. Olaia Ledo, portavoz municipal declarou aos medios "Feijóo hoxe veu presumir do que costara o centro de saúde cando hai xa anos que prometeran que o íamos ter, cando teñen aos traballadores esta mañá parados e a fin de semana facendo horas extras no novo centro para rematar de cara ao luns, parécenos indecente, a política non está para poñerse medallas se non para mellorar a vida da cidadanía, nós seguimos a reclamar ate conseguir os servizos públicos de calidade que hoxe non temos e facémolo nas institucións e na rúa, a carón das veciñas e veciños" 

Ademais , queremos facer crítica de que por moitas escusas que queiran darnos desde o concello , puxeron uns contenedores novos que logo retiraron. Agora din que os van expoñer por diferentes lugares: queren tapar con iso que puxeron uns contenedores para a foto? Non sería mellor que expoñer os que nun futuro imos ter que mudasen os que temos rotos ou recolleran o lixo con máis asiduidade? Ahí o deixamos

#MerecemosUnNarónMellor #IdeasClaras

O BNG reclama máis persoal e psicoloxía clínica no novo centro de saúde de Narón