O BNG denuncia que se está a prorrogar á empresa serviplus sendo moi costosa por non presentar os prometidos plegos de nova licitación.
Desde o BNG denunciamos no seu momento no concello a situación na que estaba o cadro de persoal que presta un servizo público no concello a través da concesionaria SERVIPLUS. Non entendemos como un concello como o de Narón non aposte por unha contratación directa nun servizo onde mellorarían as condicións laborais das persoas traballadoras e abarataría os custes a medio prazo do servizo municipal. Ademais, esiximos que se informe en tempo e forma dos plegos que se van presentar á oposición e ao cadro de persoal interesado para que se cumpra coas subidas que dicta o convenio; asemade pedimos que se lle exixan melloras á empresa que logre esta licitación “os concellos temos que prestar servizos públicos de calidade, en Narón a alcaldesa escúsase na pandemia para non facer determinadas cousas e vender propaganda , pero a realidade é que estivemos sen piscina terapéutica, agora hai un ano de espera para poder ter unha praza nela e as condicións, isto é o máis grave, das e dos profesionais que fan un servizo excelente distan moito de ser as mellores. Nós poñemos unha solución enriba da mesa: que se valore unha contratación directa do servizo polo concello ou que os plegos, cando menos, se axusten á legalidade e sempre mirando para as traballadoras e traballadores porque, se eles están en boas condicións, beneficiámonos tamén dun bo servizo todas e todos” indica Olaia Ledo, a nosa portavoz municipal.