Presentamos propostas concretas para ser incluídas nos orzamentos do 2023

7546E71D-2857-4B27-99CC-D907A094C2E0
Olaia Ledo, Geno Carballeira e Marta Grandal

No BNG reclamamos diferentes actuacións en materia de accesibilidade, servizos sociais, infraestructuras, medio ambiente, bonificación de diferentes taxas para entidades ou destinar o 1% dos orzamentos á materia de igualdade coa creación dun Centro de Información á muller. Propostas concretas que desde o BNG consideramos imprecindíbeis para os orzamentos do 2023.

Presentamos propostas concretas para ser incluídas nos orzamentos do 2023

Desde o BNG rexistramos un documento no concello para reclamar investimentos “necesarios” para o octavo orzamento municipal de Galiza. Reclamamos que se teña en conta os lugares onde non se recibiron investimentos e que se solucione problemas concretos como a ampliación dos vestiarios das instalacións de Río Seco ou un proxecto de arquitectura transportable para o clube de piragüismo. “O obxetivo de BNG é sempre transformar a realidade mirando cara adiante, sumar e conseguir que as nosas cidades sexan espazos seguros e de benestar para a nosa veciñanza, por iso pulamos porque Narón sexa un concello cuns servizos e un espazo público para todas as persoas. Non podemos esquecer, ademais, que este ano todas as administracións teñen que facer un esforzo para suplir necesidades sociais que a crise está a incrementar. Precisamos servizos públicos de calidade e estar á altura das circunstancias” incide Olaia Ledo, a nosa portavoz muncipal.

Nas propostas presentadas de cara aos vindeiros orzamentos recóllense ideas concretas de cara a construír un Mellor Narón, “Fixemos propostas ao novo PMUS e agora pedimos que se inclúa nos orzamentos un % cada ano para a realización dos proxectos que nel se inclúen, o 1 % para igualdade, un novo centro de Día, a creación dun CIM, proxecto para o antigo Centro de Saúde... propostas ambiciosas. En resumo, queremos ser útiles e que se beneficie a veciñanza no seu conxunto. ” declara Olaia Ledo.

Na presentación do documento estiveron a portavoz municipal do BNG de Narón, Olaia Ledo, o concelleiro Geno Carballeira e a responsábel local da formación nacionalista, Marta Grandal.

Presentamos propostas concretas para ser incluídas nos orzamentos do 2023