Preguntamos no congreso a través do deputado Néstor Rego polo acceso á estación de RENFE de Xuvia e polas frecuencias do tren
O BNG de Narón solimitamos hai máis dun ano ao concello de Narón que arranxase o acceso á estación de tren por estar nunha situación de abandono total. O firme da
calzada hoxe está completamente roto e a accesibilidade á estación é moi difícil para persoas con mobilidade reducida.
O goberno naronés respondeunos meses máis tarde, cando iniciamos unha campaña e antes da celebración dun consello territorial da parroquia, afirmando que ese tramo pertencía a o estado. Solicitamos desde ese momento ao Ministerio, a través do deputado Néstor Rego no congreso, a reparación inmediata.
Na pregunta tamén reclamamos máis frecuencias horarias no tren e que a estación siga a ter persoal de ADIF nela. A sorpresa partiu cando o ministerio respondeu que a zona de aparcadoiro está zomnificada no PXOM de Narón e que pertence ao municipio “Precisamos respostas serias do concello, non comprendemos como poden enganarnos cando o que solicitamos é para a mellora de Narón. Botar balóns fora é dun goberno sen proxecto. Hai que lles lembrar que no concello goberna TeGa e PSOE polo que deberan ter información privilexiada do goberno do estado e se non é por nós non saben disto, da declaración de interese do muíño das Aceas ou se a SAREB pode conveniar co concello para manter os alugueiros das vivendas de Piñeiros. Penso que Narón merece bastante máis” indica Olaia Ledo, a nosa portavoz municipal “esiximos que a entrada de Xuvia sexa reparada e desde o BNG continuaremos coa nosa campaña na que reclamamos que se mellore a accesibilidade a servizos públicos” conclúe Ledo.