Demandamos no Parlamento Galego e no pleno municipal do mes de novembro, solucións para os problemas do Centro de Saúde

O novo centro de saúde de Narón, que o presidente Feijoo inaugurou a bombo e prato o 16 de xullo do ano 2021, comezou a dar problemas desde o mesmo momento da súa entrada en funcionamento.
Demandamos no Parlamento Galego e no pleno municipal do mes de novembro, solucións para os problemas do Centro de Saúde

O novo centro de saúde de Narón, que o presidente Feijoo inaugurou a bombo e prato o 16 de xullo do ano 2021, pero xa antes fora obxecto de críticas, como por exemplo a carencia de radioloxía, que foi subsanada.

Este centro fíxose nunha parcela con moitísima humidade pola que pasan fontes e hai un río cerca, incluso a veciñanza da zona dicían no seu momento que non era sitio para un edificio. Esta circunstancia fixo que a entrega da obra se retrasase no tempo por ter que facer distintas modificacións nas obras ao atoparse con esta realidade. Estas humidades foron unha das consecuencias que nun principio causaron avarías no ascensor provocadas por inundacións no foso do mesmo.

Despois de solucionar o problema das inundacións continuaron as avarías do ascensor, que segundo indican as persoas que as atenden estarían provocadas por unha causa realmente sorprendente, non ser un ascensor apropiado para un centro de saúde, e menos aínda para ser o único ascensor dun centro de saúde co volume de persoas usuarias como o de Narón.

Sorprende cando menos que haiba un só ascensor, cando o persoal traballador do propio centro advertíu desde o primeiro momento que xa non antigo centro de saúde non chegaba un ascensor, o volume de poboación en Narón aumentou desde o ano 1995 que se fixera en case o dobre, pero aínda así dotaron este centro dun só ascensor (con sorte colle unha camilla no mesmo, que no que ían colocar ao principio non collía segundo nos informan desde o propio centro) que non cumpre as condicións axeitadas para o volume de xente que visita o centro no día a día; tendo en conta que existen 58 consultas no mesmo e somos preto de 40.000 habitantes, podemos facernos unha idea.

As advertencias parece que tiñan máis fundamento que as réplicas evidentemente inspiradas pola política de recortes dos gobernos do Partido Popular.

Mais o problema do ascensor non é o único con ser sen dúbida grave, xa que algún erro no deseño ou na construción provocan que os baños se atasquen e haiba que pechalos moi a miúdo.

A nosa portavoz, Olaia Ledo, e o deputado ao Parlamento pola comarca, Mon Fernández, visitaron o centro e falaron coa coordinadora do mesmo para coñecer de 1ª man esta problemática e comprometerse a promover a súa solución de xeito inmediato. Con este obxectivo levamos a pleno este mes de novembro unha moción, que saíu aprobada, instando á Xunta a poñer solución urxentemente a este problemática e, ao mesmo tempo, o deputado Mon Fernández tamén presentou as correspondentes iniciativas na cámara galega.

 

 

 

 

Demandamos no Parlamento Galego e no pleno municipal do mes de novembro, solucións para os problemas do Centro de Saúde