O BNG de Narón votará a favor do PMUS do concello por recoller as súas propostas.

No pleno do mes de setembro votarase o novo PMUS do Concello de Narón
O BNG de Narón votará a favor do PMUS do concello por recoller as súas propostas.

Desde o BNG consideramos o espazo público como un ben de primeira necesidade onde os concellos teñen plenas competencias e Narón precisa dun plan que deixe atrás
o que hoxe é unha realidade: o 90% das rúas da zona urbana están destinadas única e exclusivamente a tráfico rodado (dato extraído do documento de diagnóstico e análise
do PMUS de Narón).


Máis de 100 son as propostas que o BNG de Narón fixemos no proceso de participación pública da elaboración do PMUS de Naróncomo se pode ver no portal de participación pública do concello:  https://www.naronparticipa.es/es/naron/proposals/project/1610?tab=proposals. Moitas foron aprobadas na primeira parte pero descubrimos con asombro que o rural non aparecía no plan. Volvimos incidir na segunda parte de participación pública e, finalmente, recóllese este aspecto e outros que nos preocupaban como o coidado do patrimonio, plan directores en todos os barrios, núcleos de centralidade e servizos nas parroquias rurais e máis transporte público.


Votamos a favor porque formulamos un proxecto de cidade que defendemos desde o noso programa electoral e, sabendo que o plan non deixa de ser un papel, traballaremos e loitaremos para que sexa unha realidade.

 

O BNG de Narón votará a favor do PMUS do concello por recoller as súas propostas.